Catálogo

Amosando 709 - 720 de 1424
Autor/a
Bouzas Caamaño
María Encarnación
Lingua/s
Galego

Publicación electrónica dirixida a todos os profesionais do ámbito da nefroloxía. Nela descríbese a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos, tanto a diálise coma o transplante, na Comunidade Autónoma de Galicia. Descríbense os datos correspondentes ao ano 2015 e a evolución dos últimos ano.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Autor/a
Cruz Ferro
Elena
Autor/a
Ursúa Díaz
María Isabel
Autor/a
Taboada Rodríguez
José Antonio
Autor/a
Hervada Vidal
Xurxo
Lingua/s
Galego

Avaliación e prórroga do Programa galego de prevención e control da tuberculose 2012-2015, cuxos obxectivos e estratexias é necesario adaptar á situación epidemiolóxica actual da tuberculose en Galicia. Os obxectivos propostos están deseñados para conseguirse ao remate do período de vixencia do programa (2017-2020).

0,00 €

Manual formativo que pretende divulgar dun xeito sinxelo as medidas básicas para a prevención de TME entre os traballadores e traballadoras das explotación de gando vacún (leite e carne), e achegar ademais as chaves da prevención integral a todos os axentes implicados.

Instrumento informativo que, mediante informacións descritivas e indicadores adecuados, permita identificar a presenza de factores de risco asociados á carga física de traballo nas empresas da nosa comunidade, coñecer a poboación laboral que poida estar exposta a estes factores de risco e estimar o grao de control sobre o risco asociado á carga física que existe nas empresas galegas.

Autor/a
Madera Seoane
Mª Jesús
Coautor/a
Leis Rey
Mª Teresa
Lingua/s
Galego

O caderno didáctico sobre Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán), produción do Centro Dramático Galego estreada o 20 de abril de 2017 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, é una ferramenta imprescindible para axudar o profesorado e o alumnado a apreixar a complexidade dun autor como Valle-Inclán e iluminar dun xeito axeitado o texto e o espectáculo do CDG tanto antes como despois de ver a función. Contén un estudo da vida e obra de Valle-Inclán, da súa relación co teatro, da proposta plástica e creativa dos personaxes e do proceso creativo das distintas disciplinas escénicas que conflúen no espectáculo: maquillaxe, vestiario, escenografía, luces, dirección...

Autor/a
Consello de Bioética de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

Documento que recolle os relatorios e as comunicacións presentados nesa xornada que organizou o Consello de Bioética de Galicia, para informar e favorecer o debate da cidadanía verbo da dimensión ética da práctica sanitaria. Interviron axentes do ámbito da saúde e doutros eidos profesionais.

Debido ao cambio do calendario vacinal, modificouse este documento, para eliminar a 1ª dose da vacina da hepatite B, que antes se administraba ao neonato ou á neonata nas primerias horas de vida, e que agora se administra aos 2 meses de idade do bebé, polo que, para evitar confusións, cumpría modificar este documento. Neste caso só se publica en formato pdf, para a súa consulta na web do SERGAS.

Publicación que presenta os datos da actividade desenvolvida ao longo do pasado ano pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Inclúe, entre outros apartados, os seguintes: identificación do centro, contorno , estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas de información, e servizo de atención ao usuario.