Catálogo

Amosando 685 - 696 de 1426

Este proxecto expositivo fai un percorrido a través da historia, constitúe un relato de desenvolvemento, modernidade e internacionalización. A través de 65 fotografías percórrense as estacións do tren que comunicaban o Douro e o Miño. Fotografías realizadas en fototipia polo prestixioso Emilio Biel.

Temáticas

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Documento no que se reflicte a planificación das actividades de control oficial recollidas no PNCOCA nesta comunidade autónoma; abarca a totalidade da cadea alimentaria, desde a produción primaria ata o consumidor final, e implica todas as autoridades competentes con responsabilidade na seguridade alimentaria de pensos e alimentos, do benestar dos animais e a información ás persoas consumidoras.
O documento elaborouse para visualizar nun único texto todas as actividades de control oficial que as distintas unidades da Xunta de Galicia con competencias en materia de seguridade alimentaria dos pensos e alimentos e de benestar dos animais realizan.
Organízase en distintos apartados, coa finalidade de reflectir dunha forma ordenada as estruturas administrativas, competencias, recursos, criterios operativos de planificación e de mellora continua das actividades de control.

Boletín de actualizacións bibliográficas en urxencias prehospitalarias editado pola Comisión de Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que presenta as últimas novidades no campo da urxencia e a emerxencia sanitaria na atención extrahospitalaria.

Memoria da actividade desenvolvida por GALARIA, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, ao longo do ano 2016, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica 'Saúde en liña', así como datos de estrutura organizativa, recursos humanos, actividade científica e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

Autor/a
Consello de Bioética de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

Publicación a través da cal se examina a dimensión ética da práctica sanitaria co obxectivo de consolidar a mirada bioética da realidade no exercicio profesional e o funcionamento das institucións. A singular relevancia do conflito de intereses no ámbito da saúde deriva da entidade dos valores que protexe e da atribución exclusiva ás súas profesións da responsabilidade da súa protección. Dispor dun método que permita identificar e comprender o conflito de intereses e as súas consecuencias, orientado á toma de decisións e a actuación dos profesionais de modo correcto, no campo da bioética.