Catálogo da exposición organizada polo Museo das Peregrinacións e de Santiago "Le gens du chemin" sobre as peregrinacións ao santuario de Saintes Maries de la Mer (Francia).
Catálogo da exposición organizada polo Museo das Peregrinacións e de Santiago "Le gens du chemin" sobre as peregrinacións ao santuario de Saintes Maries de la Mer (Francia).
Edición do número 23 (ano 2013) da revista Croa, órgano de expresión científica e difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborado polo propio centro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve ademais para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.
En 1993 Paul Gilroy cuñou o termo "Atlántico Negro" para se referir á fusión das culturas negras con outras de todo o Atlántico. O seu libro tivo unha enorme influencia na percepción e na análise da cultura negra no campo dos estudos culturais e alentou debates críticos que seguen en marcha. "Afro Modern. Viaxes polo Atlántico negro" recolle esa idea do océano Atlántico como continente en negativo, como unha rede de culturas circundantes e interconectadas que abrangue África, América do Norte e do Sur, o Caribe e Europa, e perfila rutas reais e imaxinarias emprendidas por artistas de todo o Atlántico desde 1909 até os nosos días.
Edición do número 20 (ano 2010) da revista Croa, órgano de expresión científica e difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborado polo propio centro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve ademais para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.
O catálogo da exposición "Espectral" propón unha relectura dos fondos das coleccións do CGAC a partir da mostra comisaria por Miguel von Hafe Pérez que acolleu o centro compostelán durante o primeiro semestre de 2010. A mostra, que reúne obra de medios tan distintos como o debuxo, a pintura, o vídeo, o gravado e a escultura, ábrese a diferentes perspectivas sobre a memoria como sistema conceptual e perceptivo cuxa recepción a arte consegue densificar.
Estudo da obra dos artistas surrealistas Mario Cesariny e Artur Cruzeiro-Seixas, historias portuguesas dese movemento, e con base no poema You are welcome to El sinore.
Catálogo da exposición A aventura modernista, celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña, no que se inclúen as reproducións fotográficas de todas as obras, así como os textos introdutorios.
Trátase dun folleto-guía visual con textos e imaxes en cor da exposición temporal do mesmo título e un anexo coa tradución en castelán.
A monografía Bas Jan Ader. Entre dos tierras recupera o traballo dun dos artistas máis fascinantes da segunda metade do século XX. Dacabalo entre o romanticismo de Friedrich e oracionalismo de Mondrian, pero cos dous pés firmemente instalados nas novas linguaxes conceptuais que se xestaban en California, a súa obra é hoxe esencial para as novas xeracións de artistas.
Terceiro libro dentro dunha liña editorial na que se recollen os bosquexos, as notas e a evolución do camiño que vai da xestación até a presentación final das producións do Centro Coreográfico Galego.
Libro-catálogo da exposición sobre Faustino Santalices que se fará no Museo Etnolóxico de Rivadavia.
Catálogo da exposición do mesmo título. Faise un percorrido polos ritos de paso e polos actos festivos, para facer ver as súas diferenzas e polo tanto o específico da celebración. A tese exposta exemplifícase a través das dúas manifestacións de festa nunha mesma sociedade como é a Festa da Virxe do Portal e a Festa da Historia. Finalmente faise alusión a outras festas do calendario festivo de Ribadavia.