Catálogo

Amosando 13 - 24 de 79
0,00 €

O catálogo da exposición De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia reproduce tanto os textos explicativos como as imaxes e as descricións dos documentos expostos na exposición organizada polo Arquivo de Galicia que foi inaugurada o día 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, no Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e que permaneceu aberta ata o día 15 de outubro deste ano.
Nela exhíbíronse unha selección de 89 documentos que nos achegan ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX.

30,00 €

Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador comprende o catálogo da exposición do mesmo nome, coorganizada pola Xunta de Galicia na Biblioteca Nacional de España, que quere render homenaxe á figura e á obra de Gonzalo Torrente Ballester no vixésimo quinto aniversario do seu pasamento, así como contribuír a que a cidadanía se poida achegar ao seu valioso labor de creación cunha nova e máis completa mirada.
As pezas que conforman esta mostra, que reúne materiais bibliográficos; manuscritos e primeiras edicións; debuxos e fotografías; obxectos de traballo e persoais; prensa e material gráfico diverso, proceden fundamentalmente dos fondos da Biblioteca Nacional e da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, con achegas de particulares e doutras institucións, bibliotecas e arquivos, como Filmoteca Española, Diario de Pontevedra e a Biblioteca Regional de Madrid.

19,00 €
Entidade
Arquivo de Galicia
Lingua/s
Galego

Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión é o título do catálogo da exposición organizada polo Arquivo de Galicia para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos no espazo destinado ás exposicións no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia, e estivo aberta desde o día 7 de xuño ao 18 de outubro de 2024.
Con este catálogo, que incorpora ademais dous artigos de profesionais vinculados ao Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense. Hospital de Piñor, o Arquivo de Galicia pretende dar unha maior difusión a unha actividade que invita a reflexionar sobre a propia identidade persoal e colectiva a través dos documentos e obxectos procedentes de importantes centros de atención psiquiátrica na nosa Comunidade desde finais do século XIX, e sobre como a cultura, a través das súas manifestacións artísticas, constitúe unha potente ferramenta para garantir o desenvolvemento das persoas.

0,00 €
Autor/a
Vila Iglesias
Manuel
Tradutor/a
Aresta
Manuel
Lingua/s
Galego
Portugués

Graxa é un conto profundamente introspectivo e poético que explora a relación dunha persoa co seu corpo obeso. A narrativa é densa e rica en detalles, con descricións vívidas e, por veces, incómodas, que capturan a sensación de aprisionamento físico e emocional do protagonista, namentres reflexiona sobre a súa vida, marcada pola vergoña, a auto-aversión e a necesidade de aceptación.

25,00 €
Entidade
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Lingua/s
Galego

Catálogo coa selección de 900 negativos entre os 50.000 visionados do Fondo Vega custodiado polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Este catálogo corresponde ao período de 1970 a 1979, é o cuarto tomo en que se reflicten as exposicións realizadas por este arquivo sobre o traballo como fotoxornalista de José Luis Vega no diario El Progreso de Lugo. No presente catálogo amósanse as fotos que formaron parte de dúas exposicións realizadas entre 2023 e 2024.

 

 

15,00 €

Catálogo da exposición que, sobre o fondo fotográfico de Mary Quintero, se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Amosa a obra da fotógrafa entre os anos 50 e 90, e finaliza cunha mostra do traballo realizado polo arquivo.

15,00 €

Catálogo da exposición que, sobre o fondo fotográfico de Mary Quintero, se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Amosa a obra da fotógrafa entre os anos 50 e 90, e finaliza cunha mostra do traballo realizado polo arquivo.

Primeiros cinco fascículos da serie de investigación Pescuda no Arquivo: A vida na Galicia do século XVIII. Estos cinco primeiros números están dedicados ás enfermidades, á medicina, á alimentación, ás casas e ao enxoval.