Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV).
Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV).
Viño e viticultura na Galicia medieval (séculos IX-XIV).
Catálogo da exposición temporal co mesmo título.
Novos imaxinarios profunda na creación cinematográfica recente en España e Portugal, e contextualízaa no marco dunha reflexión sobre o cinema máis alá da pantalla, onde as salas do museo proporcionan un lugar específico para proxectar novos imaxinarios. Organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), esta mostra acolle propostas, ben inéditas ou ben presentadas por primeira vez en Galicia, de Oliver Laxe, Susana de Sousa Dias, Albert Serra, Helena Girón e Samuel M. Delgado, Lois Patiño, Salomé Lamas, Isaki Lacuesta e Laida Lertxundi. No seu formato expositivo, cada cineasta articula novas obras que debuxan parábolas cinematográficas con propostas instalativas que ocupan dous andares do museo; son novas linguaxes que nos achegan realidades desde unha perspectiva contemporánea, á vez que nos mostran as posibilidades narrativas e físicas dun medio en constante reinvención.
Catálogo con fotografías que compoñen o Gabinete Fotográfico de Constantino Rodríguez Gutiérrez, un fondo que custodia o AHP de Lugo desde 2002. Constantino Rodríguez Gutiérrez (1875-1947) formouse na Sociedad Electro-Fotográfica de Xixón e estableceuse en Lugo nos anos finais do S. XIX; traballou ata o seu pasamento. O fondo do gabinete chega ao arquivo tras o depósito de 357 placas fotográficas, maioritariamente en vidro, poucas en acetato, realizado polo seu neto Constantino Romero Ramos. Con posterioridade, o tío deste, Ángel Rodríguez López, engade ao depósito 50 placas máis, principalmente retratos dunha gran calidade artística que achega ao conxunto un alto valor testemuñal e o confire como un instrumento de traballo para o estudo e a investigación da fotografía en Lugo e Galicia.
O catálogo reproduce a totalidade das imaxes do fondo, servirá ademais de elemento de difusión deste, de instrumento de descrición para uso no centro ou a distancia.
Recompilación dos 100 primeiros números da publicación seriada Fronda en formato facsimilar.
Incidencia muller pedra, de AveLina Pérez, conforma o número 20 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2024, Incidencia muller pedra é un canto á liberdade do individuo, unha reflexión sobre o animal que levamos dentro, domesticado pola lei do home (ese home que perverte a natureza das cousas). A través dunha proposta dramatúrxica sinxela, baseada na acción verbal, preséntanos personaxes complexos, cheos de arestas, que convidan á reflexión a través das súas palabras e os seus silencios. Ponse en valor unha voz de muller non normativa, construída sen apelar a lugares comúns, a perspectivas ortodoxas. Mediante unha linguaxe sólida, de enorme riqueza estética, a autora tece unha historia singular e lúcida que foxe do convencional e se nos presenta coma unha construción teatral emocionante, delicada e profundamente intelixente.
Incidencia muller pedra, de AveLina Pérez, conforma ou número 20 dá colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dous premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2024, Incidencia muller pedra é un canto á liberdade do individuo, unha reflexión sobre ou animal que levamos dentro, domesticado pola lei do home (ese home que perverte a natureza dás cousas). A través dunha proposta dramatúrxica sinxela, baseada na acción verbal, preséntanos personaxes complexos, cheos de arestas, que convidan á reflexión a través dás súas palabras e vos seus silencios. Ponse en valor unha voz de muller non normativa, construída sen apelar a lugares comúns, a perspectivas ortodoxas. Mediante unha linguaxe sólida, de enorme riqueza estética, a autora tece unha historia singular e lúcida que foxe do convencional e preséntallenos coma unha construción teatral emocionante, delicada e profundamente intelixente.
O carteiro de Ximaraos, de Carlos Labraña, conforma o número 29 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2024, a obra fala dunha situación nada doada que viven moitas crianzas, como é o feito de convivir cun familiar doente, e do conflito interxeneracional que os separa, temática que o autor aborda dun xeito sensible, coidado e con profundidade. A importancia da memoria, a tradición e a transmisión do legado familiar están presentes na obra.
Nº 16 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
A burra, a mesa e o pau, unha produción do Centro Dramático Galego dirixida por Lorena Conde, preséntase como “o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crer os contos das avoas que as promesas dos patróns”, segundo palabras da súa directora. Un texto que fala de ilusións, de ambicións modestas, de delirios, de desclasamento, de vivir para o traballo e aínda así non dar vivido; de como a clase obreira galega soña con golpes de sorte no canto de confiar na súa forza transformadora como colectivo.
Trátase do número 17 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
Nada se sabe, unha produción do Centro Dramático Galego e Culturactiva Producións, constitúe unha proposta integradora e única no contexto teatral galego tanto polo elenco, integrado por dúas actrices e dous actores con diversidade funcional, como polo tema, que aborda diversas versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose na adaptación moderna e sinxela que asina Manuel Lourenzo a partir de Filoctetes, unha das traxedias de Sófocles.
O faro, de Carlos Labraña, conforma o número 21 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do XVI premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade adulto (edición 2024), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, O faro é unha peza teatral profundamente evocadora, unha mostra da potencialidade da linguaxe dos monicreques para tratar temáticas duras e de alcance universal. Cunha linguaxe escénica expresiva e minimalista, a obra realiza unha reflexión atemporal sobre o papel dos individuos fronte a eventos que definen a súa existencia. O faro, reafirma, deste xeito, o poder do teatro como ferramenta de resistencia e de lembranza, facéndonos ver que, en ocasións, a única solución para combater as sombras é apagando a luz.
Manchea, de Andrea Freire, conforma o número 20 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do XVI premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil (edición 2024), e coeditada pola Agadic e Baía Edicións, Manchea é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nesta disparatada e sorprendente aventura. Esta é unha historia en verso, pero tamén en prosa, de estereotipos e autoafirmación, de discriminación e inclusión. Os protagonistas, a través da amizade e a confianza en si mesmos, comezarán a cuestionarse os condicionamentos familiares e sociais para descubrir que non é necesario falar para atoparen a súa propia voz.