Catálogo

Amosando 1105 - 1116 de 2048
Autor/a
Bouzas Caamaño
Mª Encarnación [et.al.].
Lingua/s
Galego

Memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2015. Recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e ao transplante tanto de órganos como de tecidos.
Tamén recolle os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos, así como os establecementos de tecidos.
En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas por ela, así como os obxectivos para o vindeiro ano.

Autor/a
Varela Mallou
Jesús
Lingua/s
Galego

Estudo co que se pretende optimizar o actual Banco de Produtos de Apoio de Galicia. A elaboración desta enquisa responde á necesidade de dispor dunha base de coñecemento que permita desenvolver accións específicas coas que acadar o obxectivo marcado: determinar a percepción e a valoración dos produtos de apoio máis coñecidos e demandados polas federacións e asociacións que serven de apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

Boletín que presenta o novo medicamento Insulina Glargina Biosimilar, nova insulina para o tratamento da diabetes mellitus en adolescentes e nenos, a partir dos dous anos de idade. Tamén se identifica o lugar que ocupa no tratamento da enfermidade e informa de que a chegada dos biosimilares xera unha competencia no mercado de medicamentos biolóxicos que conduce a unha redución nos custos de adquisición, o cal libera recursos do sistema sanitario.

Boletín que presenta o novo medicamento Insulina Glargina Biosimilar, nova insulina para o tratamento da diabetes mellitus en adolescentes e nenos, a partir dos dous anos de idade. Tamén se identifica o lugar que ocupa no tratamento da enfermidade e informa de que a chegada dos biosimilares xera unha competencia no mercado de medicamentos biolóxicos que conduce a unha redución nos custos de adquisición, o cal libera recursos do sistema sanitario