Catálogo

Amosando 1 - 12 de 59

O solucionario do manual do Curso de introdución á lingua e á cultura galegas está pensado para axudarche no teu proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de fonética, de gramática, léxico útil e cultura. Nel atoparás as respostas aos exercicios e actividades propostos no manual para aprender e practicar a lingua dun xeito ameno e activo.

Este curso está dirixido a aquelas persoas que teñan interese pola lingua galega e a súa cultura, tanto se teñen coñecementos previos como se comezan desde cero.

0,00 €

O manual do Curso de introdución á lingua e á cultura galegas está pensado para acompañarte no teu proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de fonética, gramática, léxico útil e cultura. Ademais, inclúense exercicios e actividades para aprender e practicar a lingua dunha forma amena e activa. Este curso está dirixido a aquelas persoas que teñan interese pola lingua galega e pola súa cultura, tanto se teñen coñecementos previos como se comezan desde cero.

Lingua/s
Inglés
Galego

Proposta didáctica para o programa “Vexo Veo Xacobeo”, dirixida ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Educación Primaria. Conxunto de actividades que amosan a riqueza do patrimonio cultural, material e inmaterial, patrimonio natural e valores que definen o Camiño de Santiago.

Esta unidade didáctica pretende transmitir ao alumnado da ESO e Bacharelato os coñecementos sobre as bases e consecuencias do Estatuto de autonomía, para así convertérense no futuro en cidadáns e cidadás conscientes da súa realidade política e administrativa, e que poidan exercer os seus dereitos e cumprir cos seus deberes de forma plenamente responsable. Ademais de traballar de xeito transversal diferentes contidos, tanto relativos a conceptos e procedementos como ao desenvolvemento de valores, aborda os elementos prescritivos do currículo para cada un dos cursos.

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web.
Esta revista ten como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnado e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras recentemente editadas. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras editadas recentemente. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.