Catálogo

Amosando 1453 - 1464 de 2048

Documento que describe o proceso de atención dos pacientes afectos por un trastorno aditivo, centrándose en asegurar unha atención sanitaria de calidade con garantía de atención semellante a calquera outra patoloxía, regulando a forma de acceso dos pacientes a esta prestación sanitaria e asegurando o seu seguimento con criterios de calidade.

Neste informe preséntanse os resultados e principais conclusións dunha enquisa realizada a mulleres que participaron no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. A enquisa foi realizada nos meses de maio e xuño de 2008. Ademais destes resultados preséntase información adicional da evolución experimentada desde 1998.

O final da vida pon en evidencia que a medicina ten límites e que hai procesos non susceptibles de curación que requiren ser atendidos, procesos aos que a sociedade e o sistemasanitario deben prestar especial atención para ofrecer ás persoas unha asistencia integral centrada en acadar a maior calidade de vida posible. Esta comisión, na súa preocupación consciente polos dilemas éticos que suscitan os coidados nesta etapa, impulsou un proceso de reflexión cuxo resultado é o presente documento e, cuxo obxectivo é servirlles de marco de referencia e orientación aos profesionais sobre os conflictos éticos e contribuir a mellorar o desenvolvemento dos dereitos fundamentais.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2011, que inclúe actividade asistencia, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden plantexar sobre a doazón de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos. Edición bilingüe.

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, procura a modificación dos patróns alimentarios e de actividade física da poboación xeral e de grupos específicos en particular. Parece existir consenso ao afirmar que as poboacións con dieta rica en vexetais e froitas e dieta baixa en graxas animais, carnes roxas e/ou calorías, presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro. A fibra é un compoñente esencial dentro dunha dieta saudable, a inxestión diaria de fibra proporciona moitos efectos beneficiosos no organismo, contribúe ao mantemento da saúde e prevén a aparición de distintas enfermidades. Nesta publicación proponse 20 menús, que inclúen pratos ricos en fibra que poden axudar a cubrir a recomendación diaria.

O Programa de vixilancia sanitaria de zonas de baño realizase na Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas coordinado polo Ministerio de Sanidad y Consumo, desde o ano 1988. Esta publicación recolle os resultados obtidos en cada temporada de baño, tras realizar os controis oportunos. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, de 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das zonas de baño de Galicia. Pódese consultar no seguinte enderezo, http,//sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=62701

Trátase dunha publicación que pretende inducir á reflexión aos profesionais que traballan na contorna da Atención Primaria (AP) sobre o que se pode e se debe facer desde as consultas dos centros de saúde en relación cos problemas derivados do consumo de drogas. Tamén se pretende dar unha claves para a adecuada intervención neses problemas e suxerir como afondar nun estudo máis amplo.