Catálogo

Amosando 1441 - 1452 de 2048
Autor/a
Seoane
Luis
Lingua/s
Galego

Catálogo da exposición do mesmo título, que se realizou en Buenos Aires con motivo da celebración do centenario do nacemento de Luis Seoane. Recolle 33 ilustracións, correspondentes a trinta e tres creadoras e creadores literarios do ámbito galego e internacional.

Temáticas

Unidade didáctica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato e realizada dende a perspectiva dunha pedagoxía da igualdade de xénero. A proposta baséase no telefilme Concepción Arenal a visitadora de cárceres, unha aproximación á personaxe histórica de Concepción Arenal. O exemplar impreso acompáñase dun DVD onde consta o filme, un documental sobre a figura de Arenal, a propia unidade didáctica en versión para o alumnado e para o profesorado e as secuencias da película sobre as que se desenvolve o traballo.

Documento elaborado por profesionais do ámbito da educación e a sanidade sobre o TDAH, a súa detección e tratamento, que inclúe as principais aportacións científicas na materia e que pretende contribuir á mellora da atención e á reducción das problemáticas que este trastorno ocasiona a diario na vida de moitas nenas, nenos e adolescentes galegos.

A través de fichas, este folleto infórmanos sobre as medidas que deben adoptar as mulleres na etapa de embarazo e lactación natural en relación coa prevención de riscos laborais en traballos no agro: os produtos químicos e a maternidade, a exposición a axentes químicos perigosos, o traballo con produtos químicos perigosos, os axentes biolóxicos e materiais, sobreesforzos, riscos posturais, etc.

Nesta publicación preséntase e analízanse os resultados da execución do programa de redución denominado "Mapa de risco químico de Galicia" desenvolvido polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral durante tres anos. Infórmase acerca do emprego dos produtos químicos perigosos presentes en empresas do sector industrial en Galicia.

Unidade didáctica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato e realizada dende a perspectiva dunha pedagoxía da igualdade de xénero. A proposta baséase no telefilme A Condesa rebelde, unha aproximación á perxonaxe histórica de Emilia Pardo Bazán. O exemplar impreso acompáñase dun DVD onde consta o filme, un documental sobre Emilia Pardo Bazán, apropia unidade didáctica en versión para o alumnado e para o profesorado e as secuencias da película sobre as que se desenvolve o traballo.

Guía coa información necesaria sobre que facer en caso de ser vítima ou de coñecer un caso de violencia de xénero así como sobre os recursos e axudas existentes na nosa Comunidade Autónoma. Trátase por tanto dunha ferramenta informativa práctica en relación ás distintas posibilidades que a normativa vixente pon ao teu alcance para poder exercer os teus dereitos, tanto a nivel persoal como cara ao maltratador.