Catálogo

Amosando 1465 - 1476 de 2048

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia -061 edita a súa memoria de actividade do ano 2009, na que se inclúen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas da información e servizo de atención ao usuario.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2009, que inclúe actividade asistencia, de consultoría e protección radiolóxica, así como datos sobre recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa, enquisas de satisfacción e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

A memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2008 recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos como de tecidos. Tamén recollemos os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.En canto á oficina descríbense as actividades desenvolvidas póla mesma así como os obxectivos para o vindeiro ano.

Evaluación de la efectividad de la braquiterapia con balón intracavitario como tratamiento adyuvante de la cirugía conservadora en el cáncer de mama de estadio inicial en términos de recurrencia, supervivencia, resultados cosméticos y de satisfacción de la paciente. Este informe determina la seguridad de dicho procedimiento en términos de toxicidad de la radioterapia

A Guía do peregrino para situacións de emerxencia sanitaria, editada en galego e castelán, inclúe consellos para realizar o Camiño de Santiago, unha guía de primeiros auxilios, mapas que sinalan os puntos de asistencia sanitaria no Camiño Francés e indicacións sobre como porse en contacto co 061 no caso de necesitar asistencia sanitaria.

Folleto no que se expoñen consellos para os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago. Tamén inclúe a Tarxeta Sanitaria do Peregrino, os puntos de atención continuada no Camiño Francés e o dispositivo asistencial da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia para o Xacobeo 2010.