Menús saudables ricos en fibra

Sinopse

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, procura a modificación dos patróns alimentarios e de actividade física da poboación xeral e de grupos específicos en particular. Parece existir consenso ao afirmar que as poboacións con dieta rica en vexetais e froitas e dieta baixa en graxas animais, carnes roxas e/ou calorías, presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro. A fibra é un compoñente esencial dentro dunha dieta saudable, a inxestión diaria de fibra proporciona moitos efectos beneficiosos no organismo, contribúe ao mantemento da saúde e prevén a aparición de distintas enfermidades. Nesta publicación proponse 20 menús, que inclúen pratos ricos en fibra que poden axudar a cubrir a recomendación diaria.

Ficha técnica

Editorial
Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
Santiago de Compostela
Ano de edición
2013
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
Innovación e Xestión da Saúde Pública
Ilustracións
cor
Volumes
1
Encadernación
Tapa branda
Páxinas
31
Medidas
24
17