Tríptico con información sobre o portal web e PRL e nanomateriais do Issga.
Tríptico con información sobre o portal web e PRL e nanomateriais do Issga.
O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (LSPG) é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia no ámbito da protección da saúde, é dicir, no ámbito da saúde ambiental e da seguridade alimentaria.
O LSPG atópase nun momento de cambio en que é imprescindible dispoñer dunha estratexia global que recolla as liñas de actuación arredor das cales xirará a actividade da organización nos próximos cinco anos e que defina os obxectivos para acadar durante o período de vixencia.
A radioterapia Lattice é unha modalidade de radioterapia espacialmente fraccionada que administra doses heteroxéneas en tumores profundos, voluminosos, metastásicos ou irresecables, combinando áreas de alta e baixa dose. A evidencia dispoñible procede principalmente de series de casos e un estudo transversal, sen comparacións coa radioterapia convencional. Os resultados suxiren posibles reducións do volume tumoral, respostas parciais ou completas e alivio de síntomas, con eventos adversos maioritariamente leves. Con todo, debido ao deseño metodolóxico dos estudos, a certeza da evidencia é moi baixa. Ademais, a súa implementación clínica require formación específica, planificación complexa e protocolos estandarizados. Aínda que os datos preliminares son prometedores, a efectividade e seguridade a longo prazo son incertas.
Documento práctico que recolle as pautas para a valoración e o manexo da dor en pacientes pediátricos. Inclúe ferramentas de avaliación segundo a idade e recomendacións de tratamento farmacolóxico e non farmacolóxico.
Documento práctico que recolle as pautas para a valoración e o manexo da dor en pacientes pediátricos. Inclúe ferramentas de avaliación segundo a idade e recomendacións de tratamento farmacolóxico e non farmacolóxico.
Documento de análise do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, descrición do circuíto organizativo do programa e principais resultados do período 2013-2024.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2024 e evolución do período 1996-2024.
Resultados do Programa galego de detección precoz do cancro de mama correspondentes ao período 1992-2024.
Cartel dirixido ao persoal da medicina do traballo no que se explica a necesidade de actualizar os coñecementos sobre a toxicidade dos nantomateriais para poder realizar unha axeitada vixilancia da saúde.
Cartel dirixido aos técnicos de PRL no que explica como identificar e avaliar o nivel de exposición a nanomateriais.
Cartel que explica como promover a integración e realizar o seguemento da PRL nano na actividade da empresa.
Cartel que explica que son os nanomateriais e cales son os principais riscos e medidas preventivas a adoptar.