Vídeos de accesibilidade cognitiva para persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias. de protección internacional : Consulta vacina

Material audiovisualVídeos de accesibilidade cognitiva para persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias. de protección internacional : Consulta vacina

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, 2021
Edición: 
Lingua: 

Sinopse

Un dos problemas máis frecuentes que atopa o colectivo dos refuxiados no sistema sanitario é o problema de comunicación provocado polo descoñecemento do idioma.
Para isto, un dos itinerarios formativos do Programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional ten o obxectivo de facilitar o acceso e o coñecemento do sistema sanitario a estas persoas mediante ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento dalgunhas técnicas de diagnóstico, consultas con especialistas etc.
Os vídeos de accesibilidade cognitiva permiten salvar a barreira idiomática para que estas persoas poidan comprender, de forma sinxela, os pasos que se seguen nas diferentes situacións da atención sanitaria.
O vídeo para a dispensación da vacina axuda a reducir a ansiedade ou descoñecemento previos á consulta.

Comparte