Publicación seriada
Esta colección é froito da colaboración entre a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Ingada. Pretende servir de canle a publicacións elaboradas por persoal especializado sobre temáticas relacionadas cos trastornos de déficit de atención e os problemas que del se derivan.
Son guías de carácter práctico e divulgativo e de lectura fácil que ten como principal finalidade asesorar as familias e o contorno familiar que se ve afectado por convivir con persoas que sofren o TDAH.
O uso de tipografías, ilustracións e cores contribúen complementariamente a acadar este obxectivo.
Estas guías están pensadas para a súa publicación en web e o número de títulos pode variar cada ano.
Cada número de colección editarase en dúas versións: galego e castelán.
Para manter a unidade formal da colección o formato utilizado será o de 210 x 168 mm e cada título de colección irá acompañado do seu correspondente número arábigo. Así mesmo, o nome da colección irá acompañado do seu símbolo identificador correspondente.
As cubertas e portada interior adáptanse ás normas de identidade corporativa establecidas no Manual de identidade corporativa da Xunta de Galicia.
Na cuberta, o maquetador (Antonio Lameiro Ces) xoga coa distinta colocación de títulos, cores e círculos, os cales se disporán de forma diferente en cada unha delas. Na contracuberta, a disposición da identidade corporativa da Xunta de Galicia e da Fundación Ingada e a marca Galicia aparecerán sempre de xeito uniforme segundo o disposto no referido manual.
O nome da colección Convivir co TDAH aparecerá sempre acompañado do seu símbolo identificativo na cuberta e na páxina de identificacións.
Na portada interior aparecerán o título da publicación, os autores e o pé de imprenta e na páxina de identificacións constarán ademais o número de edición xunto co ano, os coeditores, o enderezo electrónico das web e a licenza Creative Commons baixo a cal se distribúe.
Nas seguintes páxinas presentamos as características técnicas da colección (tipografías, tamaños, cores, estrutura e disposición do texto, etc.)
Números dispoñibles: 7
El TDAH en los centros de menores: Guía de buenas prácticas

O número 4 desta colección céntrase na situación que presentan os menores con problemas e o mundo xudicial. Tenta limar as diferenzas que existen entre medidas xudiciais que se poden aplicar a quen comete infraccións e o seu tratamento...
O TDAH nos centros de menores: Guía de boas prácticas

O número 4 desta colección céntrase na situación que presentan os menores con problemas e o mundo xudicial. Tenta limar as diferenzas que existen entre medidas xudiciais que se poden aplicar a quen comete infraccións e o seu tratamento...
Como convivir co TDAH

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan o número 3 da colección Convivir co TDAH, que incide en como afectan as vacacións extraescolares nas familias con fillos con trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH...
Como convivir con el TDAH

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan o número 3 da colección Convivir co TDAH, que incide en como afectan as vacacións extraescolares nas familias con fillos con trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH...
Guía de asesoramento familiar

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan esta guía de asesoramento técnico e xurídico para aquelas familias nas cales algún dos seus membros están afectados polo TDAH. Nela atópanse explicacións que axudan a aliviar,...
Guía de asesoramiento familiar

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan esta guía de asesoramento técnico e xurídico para aquelas familias nas cales algún dos seus membros están afectados polo TDAH. Nela atópanse explicacións que axudan a aliviar,...
TDAH e terapia ocupacional

Esta guía tenta dar resposta ás necesidades ocupacionais que poden presentar as persoas con TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) ofrecendo una atención integral, tanto a estas persoas como ás súas familias.