Catálogo

Amosando 121 - 132 de 1004
Autor/a
Basanta Basanta
Aida
Autor/a
Castro Murias
María del Mar
Autor/a
Jiménez Díaz
Lidia Raquel [et.al.].
Lingua/s
Galego

Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos. Publicarase no portal Femora do Servizo Galego de Saúde, en https://femora.sergas.es.

A estenose aórtica (EA) é unha enfermidade crónica de evolución progresiva. A EA grave é a valvulopatía máis prevalente; especialmente en pacientes de idade avanzada, estímase un 3 % en pacientes de 75 anos ou maiores e prevese que se incremente de forma exponencial nas próximas décadas en relación co envellecemento da poboación. En xaneiro de 2018 implántase no Servizo de Cardioloxía o proceso asistencial de estenose aórtica grave sintomática e a súa implantación consolídase entre os anos 2019-2020, co fin de xestionar a asistencia dos pacientes subsidiarios de intervención, garantir o funcionamento correcto e coordinado de todas as súas fases e buscar un resultado óptimo en saúde. O presente documento pretende actualizar a versión previa deste protocolo e introduce as modificacións derivadas da análise de resultados e identificación de puntos susceptibles de mellora nos primeiros anos da súa posta en marcha.

0,00 €
Autor/a
López Loureiro
Ignacio
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Autor/a
Casal Acción
Beatriz
Lingua/s
Castelán

Esta ficha de avaliación de tecnoloxías emerxentes avalía o grao de desenvolvemento da crioterapia para a prevención da neuropatía periférica secundaria a quimioterapia (CIPN, siglas en inglés). A ficha analiza aspectos relativos á efectividade (en variables como dor ou calidade de vida), a seguridade ou os custos. A evidencia é ampla, mostrando que o uso de crioterapia poderá previr ou diminuír a gravidade dos síntomas da CIPN. Con todo, hai que destacar a limitación no uso do dispositivo que supón a baixa tolerancia por parte dos pacientes á crioterapia mediante luvas e calcetíns conxelados. Novos dispositivos con maior control da temperatura (refrixeración líquida e criocompresión) está en desenvolvemento o que poderá axudar a mellorar o papel da crioterapia na prevención da CIPN.

A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver o proxecto de innovación educativa "Aliméntate ben", que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de educación secundaria e primeiro curso de bacharelato.

A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver o proxecto de innovación educativa "Aliméntate ben", que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de educación primaria.

A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver o proxecto de innovación educativa "Aliméntate ben", que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de educación infantil.

A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver o proxecto de innovación educativa "Aliméntate ben", que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de F.P. básica, de grao medio e superior, de cociña e resturación.

Instrución con información técnica e de loxística para o sistema sanitario sobre a implementación do novo calendario común de vacinación ao longo de toda a vida do Programa galego de vacinación, que se porá en marcha o 15 de setembro de 2022 e que incorpora importantes novidades de inmunización para a poboación galega.