Proxecto Nutriescolas 1: Manual para a elaboración dos proxectos dirixidos a educación primaria

Sinopse

A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver o proxecto de innovación educativa "Aliméntate ben", que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de educación primaria.

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública
Santiago de Compostela
Ano de edición
2022
Edición
Lingua/s
Galego
Volumes
1