Catálogo

Amosando 997 - 1004 de 1004

Publicación anual con información estatística sobre os menores en situación de desprotección e sobre adopcións.
Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial.Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa doble vertiente, nacional e internacional.
Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Este libro coeditado coa Universidade de Santiago de Compostela persegue analizar a dieta proporcionada nun centro xerontolóxico e corrixir as desviacións producidas principalmente polas graxas alimentarias sobre as recomendacións vixentes para a poboación española e as observacións de resposta na condición física dos residentes en centros xerontolóxicos de Galicia.

Operación estatística extraída da información facilitada polos propios interesados sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa así mesmo, sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano en curso.
A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca a excepción do primeiro capítulo no que se analizan temas de carácter máis transversal como estrutura orgánica, competencias, publicacións e estatísticas, etc.

Esta guía facilita información xurídica sobre os procesos de incapacitación xudicial, tutela, fundacións tutelares e ingresos non voluntarios en centros. Vai dirixida a familiares/titores, profesionais de servizos sociais, directores e outros profesionais de centros para persoas con discapacidade de Galicia.

Apróbase a carta de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, primeira carta audita en materia de servizos sociais, que persegue ser un instrumento que contribúa ao impulso da mellora continua de toda a organización e da avaliación permanente dos servizos prestados, co obxectivo de proporcionar uns servizos máis eficaces e eficientes acordes ás expectativas e requirimentos dos cidadáns.