Catálogo

Amosando 985 - 996 de 1004

Manual de prevención de riscos laborais na pesca de baixura, marisqueo e acuicultura que se divide en tres bloques. O primeiro sobre cuestións lexislativas e conceptos xerais de prevención de riscos laborais. O segundo sobre as artes da pesca, os riscos asociados e as súas posibles solucións e por último un apartado de emerxencias e primeiros auxilios.

Publicación anual con información estatística sobre os menores en situación de desprotección e sobre adopcións.
Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial.
Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa doble vertiente, nacional e internacional.
Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Autor/a
Espeso Lorenzo
Mª Nieves
Coautor/a
Fernández Gil
Manuel
Coautor/a
Pérez Santiago
Mª Isolina
Lingua/s
Castelán

Este estudo, deseñado e elaborado por médicos e enfermeiros especialistas en Medicina do Traballo, forma parte da Estratexia galega en prevención de riscos laborais 2011-1014 e constitúe un obxectivo prioritario na loita contra a sinistralidade laboral deste sector.

Autor/a
Espeso Lorenzo
Mª Nieves
Coautor/a
Fernández Gil
Manuel
Coautor/a
Pérez Santiago
Mª Isolina
Lingua/s
Galego

Este estudo, deseñado e elaborado por médicos e enfermeiros especialistas en Medicina do Traballo, forma parte da Estratexia galega en prevención de riscos laborais 2011-1014 e constitúe un obxectivo prioritario na loita contra a sinistralidade laboral deste sector.

Coordinador/a
Espeso Lorenzo
Mª Nieves
Lingua/s
Galego

Esta guía, froito do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente insírese como unha das actuacións de desenvolvemento do Programa Galicia inviste no rural.
Nela danse unhas pautas básicas para a prevención e mellora do traballo diario das persoas que traballan no marisqueo a pé co fin de mellorar a súa saúde e garantir o seu benestar.