Proxecto Nutriescolas 2: Manual para a elaboración dos proxectos dirixidos a educación secundaria e primeiro curso de bacharelato

Sinopse

A obesidade é o trastorno nutricional máis frecuente na idade pediátrica. Combater a obesidade precisa de medidas en todos os ámbitos. A escola desempeña un papel decisivo no fomento de hábitos alimentarios saudables. No marco da estratexia educativa do plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia), a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver o proxecto de innovación educativa "Aliméntate ben", que se canaliza na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este proxecto vai dirixido aos profesores de educación secundaria e primeiro curso de bacharelato.

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública
Santiago de Compostela
Ano de edición
2022
Edición
Lingua/s
Galego
Volumes
1