Despregable que, a través de mapas, gráficos, fotografías e textos, recolle os albergues públicos da Xunta de Galicia ao longo de todas as rutas xacobeas da Comunidade. Inclúe tamén información sobres as normas de uso, prazas, horarios, prezo etc.
Despregable que, a través de mapas, gráficos, fotografías e textos, recolle os albergues públicos da Xunta de Galicia ao longo de todas as rutas xacobeas da Comunidade. Inclúe tamén información sobres as normas de uso, prazas, horarios, prezo etc.
Mariana de Neoburgo, alemá de nacemento, foi a raíña de España desde 1989 ata 1770. Converteríase, por un lado, nunha figura política española de finais do século XVII, a través do seu matrimonio co rei Carlos II (1661 – 1700) e, por outro, nunha soberana pouco querida polo pobo español pola súa orixe estranxeira e a súa natureza fachendosa. Este volume é un facsímile de 11 impresos do século XVII sobre a viaxe da raíña por Galicia.
Catálogo da exposición que recolle a experiencia da viaxe da autora relacionándoa co xogo da oca, para espertar unha antiga comparanza entre peregrinación e xogo iniciático (Camiño de Santiago e xogo da oca).Inclúese un estudo científico sobre as alegorías do home como peregrino na terra.
A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta.
O tomo primeiro, co título A recuperación dun sitio histórico/ Historia e memoria fai un percorrido pola historia das illas, San Simón e San Antonio (situadas ao fondo da Ría de Vigo), desde a Prehistoria á Idade Contemporánea, con participación de varios autores. Dedícase un capítulo aos estudos arqueolóxicos desenvolvidos nas illas e ao establecemento e á historia arquitectónica do lazareto, e ao estudo e recordo dos feitos e persoas que viviron nas illas cando estas eran unha cadea para os presos políticos tras a guerra civil. Todo cunha ampla mostra fotográfica e de imaxes antigas das diferentes épocas das cales queda imaxe gráfica
O tomo segundo da obra, co título A recuperación dun sitio histórico/Plan director de rehabilitación afronta, tras unha presentación do arquitecto galego César Portela, o citado Plan director das illas, un mapa de ambas as dúas e un estudo individualizado por cada un dos edificios e os seus contornos, con planos e profusión de fotografías. A seguir, unha serie de colaboracións, con reportaxes fotográficas das illas, os seus contornos e espazos exteriores, das esculturas e da vexetación botánica, xunto a fermosas imaxes das illas na noite. Varios estudos e as traducións para o castelan e ó inglés.
Xúntase á obra un vídeo en formato DVD, de algo máis de 40 minutos, que recolle, con opción lingüística de galego, castelán e inglés, os temas tratados nos libros. Un repaso histórico e un estudo pormenorizado dos elementos incluídos no plan director.
Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunha caixa a modo de encadernación o que favorece e facilita a súa conservación.
Obra de consulta para aqueles que queiran coñecer e afondar no tema da ordenación territorial e urbanística do litoral en Galicia, con referencias á recente Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Catálogo da exposición do mesmo nome, celebrada na cidade de Lugo entre os meses de setembro e decembro de 2006. Ademais da relación de pezas da exposición, este libro recolle, entre outros, estudos referentes á vida do santo, a evolución do seu culto, a historia das festas de San Froilán, etc.
Libro-catálogo que acompañou a exposición do mesmo nome presentada en Lugo en 2006. Nel estúdase o movemento irmandiño, a sociedade galega do século XV, a arte do momento, as peregrinacións a Santiago etc., a través dos seguintes apartados: “Vida cotiá e vivencia do alén”, “Encrucillada no Atlántico”, “A gloria do Señorío”, “Tesouros e reliquias”, “Gorrións contra falcóns” e “Imaxes de peregrinación”.
Publicación electrónica verbo do cambio demográfico, cada vez máis intenso e que afecta un número crecente de rexións europeas, polo que empeza a se considerar como un risco. As consecuencias precisan afrontarse como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.
Trátase dun diario manuscrito localizado polo historiador da USC Julio Vázquez Castro, no que Diego de Guzmán (natural de Ocaña e que chegaría a ser arcebispo de Sevilla) relata a súa peregrinación a Santiago, onde chegou no outono de 1610.
O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.
Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.
Tradución para o castelán do libro do autor húngaro János Zádori, eclesiástico e profesor de Teoloxía, que realizou unha viaxe pola España de 1868 e deixou constancia escrita da súa aventura nun libro publicado en Pest ao ano seguinte. Como eclesiástico culto e intelectual que era, incluíu no seu libro un amplo capítulo sobre a súa estancia en Galicia, que contén unha minuciosa descrición de Santiago de Compostela.