Folleto divulgativo para a promoción da doazón na poboación en xeral. Tamén se pode solicitar o carné de doador de órganos e tecidos a través destes folletos.
Folleto divulgativo para a promoción da doazón na poboación en xeral. Tamén se pode solicitar o carné de doador de órganos e tecidos a través destes folletos.
Coincidindo coa promulgación da Lei orgánica 3/2021, do 24 de marzo, de regulación da eutanasia (LORE), o Consello de Bioética de Galicia (CBG) considerou necesario reflexionar sobre aqueles aspectos relacionados co desenvolvemento do proceso e dos procedementos sustentados pola LORE, coa finalidade de axudar a dar unha resposta coa máxima garantía ética posible ás solicitudes de prestación de axuda para morrer.
Os resultados do presente informe, que ten por obxecto sintetizar a literatura referente á efectividade das intervencións non farmacolóxicas (INFs) dirixidas aos lugares de traballo non sanitarios no control da diseminación da COVID-19, suxiren a efectividade destas durante a 1ª onda da pandemia, a pesar de que existen importantes limitacións xa que os estudos son de tipo ecolóxico e a implementación conxunta de diferentes NIFs dificultou a estimación do seu efecto individual.
Na última década, a obesidade xurdiu como un problema emerxente na nosa poboación e supón un desafío para a súa abordaxe desde unha perspectiva de saúde pública que, contemplada como un acto colectivo, debe asegurar un óptimo estado de saúde para a súa poboación de referencia, produto á súa vez de diferentes niveis de influencia.
A través deste plan, a Dirección Xeral de Saúde Pública pretende mellorar o acceso ao coñecemento sobre hábitos de vida saudables, a contornas seguras e propicias e a unha oferta alcanzable e de calidade de produtos saudables, como un remedio que permita reducir o sobrepeso e a obesidade e mellorar a saúde da nosa poboación.
A estenose aórtica (EA) é unha enfermidade crónica de evolución progresiva. A EA grave é a valvulopatía máis prevalente; especialmente en pacientes de idade avanzada, estímase un 3 % en pacientes de 75 anos ou maiores e prevese que se incremente de forma exponencial nas próximas décadas en relación co envellecemento da poboación. En xaneiro de 2018 implántase no Servizo de Cardioloxía o proceso asistencial de estenose aórtica grave sintomática e a súa implantación consolídase entre os anos 2019-2020, co fin de xestionar a asistencia dos pacientes subsidiarios de intervención, garantir o funcionamento correcto e coordinado de todas as súas fases e buscar un resultado óptimo en saúde. O presente documento pretende actualizar a versión previa deste protocolo e introduce as modificacións derivadas da análise de resultados e identificación de puntos susceptibles de mellora nos primeiros anos da súa posta en marcha.
Esta ficha de avaliación de tecnoloxías emerxentes avalía o grao de desenvolvemento da crioterapia para a prevención da neuropatía periférica secundaria a quimioterapia (CIPN, siglas en inglés). A ficha analiza aspectos relativos á efectividade (en variables como dor ou calidade de vida), a seguridade ou os custos. A evidencia é ampla, mostrando que o uso de crioterapia poderá previr ou diminuír a gravidade dos síntomas da CIPN. Con todo, hai que destacar a limitación no uso do dispositivo que supón a baixa tolerancia por parte dos pacientes á crioterapia mediante luvas e calcetíns conxelados. Novos dispositivos con maior control da temperatura (refrixeración líquida e criocompresión) está en desenvolvemento o que poderá axudar a mellorar o papel da crioterapia na prevención da CIPN.
Combater a obesidade require medidas en todos os ámbitos. A escola constitúe unha contorna adecuada para contribuír a adquirir hábitos saudables, polo que esta intervención é fundamental para a loita contra a obesidade.
Instrución con información técnica e de loxística para o sistema sanitario sobre a implementación do novo calendario común de vacinación ao longo de toda a vida do Programa galego de vacinación, que se porá en marcha o 15 de setembro de 2022 e que incorpora importantes novidades de inmunización para a poboación galega.
Tríptico editado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que amosa, de xeito sinxelo, como actuar ante unha parada cardíaca.
Este procedemento pretende reflectir as actuacións que deben levar a cabo os profesionais para a correcta administración de fármacos por vía inhalatoria, e para o manexo dos dispositivos necesarios para a dita administración da medicación inhalada que foi prescrita. Publicarase no portal Femora do Servizo Galego de Saúde en: https://femora.sergas.es/
Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos. Publicarase no portal Femora do Servizo Galego de Saúde, en https://femora.sergas.es.
A estratexia de xestión do cancro en Galicia describe as actuacións que se van desenvolver en Galicia nos próximos 6 anos agrupados en 8 áreas focais. Representan un total de 55 intervencións para este período. Especificanse aquelas que se priorizarán para os anos 2022-2024.