Catálogo

Amosando 25 - 36 de 394
0,00 €
Autor/a
Fuentes Losada
Alberto
Autor/a
López Linares
Sofía
Autor/a
López-Pardo Pardo
M.Estrella [et.al.].
Lingua/s
Castelán

A Estratexia galega de saúde fixa prioridades comúns para abordar desde os distintos eidos da política sanitaria: saúde pública, asistencia e investigación.
O documento recolle 20 programas e 100 liñas de actuación destinadas a afrontar os retos de futuro da nosa sanidade.
As prioridades marcadas buscan coordinar o sistema para deseñar políticas de saúde que preveñan a aparición das enfermidades, que aceleren o diagnóstico no caso de aparecer, que personalicen ao máximo a atención e o tratamento dos enfermos e que integren do xeito máis áxil posible todas as innovacións científicas e tecnolóxicas que vaian xurdindo.

Publicación dirixida a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera desde a perspectiva de infección e non de enfemidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, como a prácticas de risco e distribución temporoespacial.

Autor/a
Iglesias Álvarez
Diego
Autor/a
Agra Bermejo
Rosa
Autor/a
Rigueiro Veloso
Pedro [et.al.].
Lingua/s
Castelán
Galego

As unidades de críticos cardiolóxicos cada vez son máis complexas debido aos grandes avances tecnolóxicos que axudan a mellorar a calidade e a esperanza de vida deste tipo de pacientes. Isto fai imprescindible que os profesionais que traballan nestas unidades teñan os coñecementos actualizados dos diferentes procedementos que se realizan como: implantes de asistencial ventricular de longa duración, técnicas de depuración extrarrenal, ventilación mecánica invasiva, oxixenador con membrana extracorpórea, etc…
Neste manual recóllense as indicacións para cada un destes procedementos, así como as contraindicacións, o material que utilizar, as posibles complicacións… co fin de servirlles de guía a todos aqueles profesionais que desenvolven o seu labor asistencial prestando coidados a pacientes críticos cardiovasculares.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Xuventude Dirección General de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica
Lingua/s
Castelán

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen en situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levados a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social. 

 

 

 

 

0,00 €

A Guía de Práctica Clínica sobre o Manexo da Depresión no Adulto publicouse no ano 2014, formando parte do Programa de Guías no Sistema Nacional de Saúde. O propósito desta guía era mellorar a atención prestada aos pacientes con depresión no ámbito de atención primaria e hospitalaria, a través de recomendacións, un algoritmo terapéutico, indicadores de calidade e información para pacientes e familiares. O tempo transcorrido desde a súa publicación, a nova evidencia publicada e a magnitude do problema fan relevante a súa revisión. O obxectivo deste informe é documentar o procedemento para a revisión da vixencia da guía e os principais resultados e conclusións do grupo de traballo.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social y Juventud, Dirección General de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica, Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Lingua/s
Castelán

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Autor/a
Alende Maceira
Manuek
Autor/a
Bonome Garrido
Alejandro
Autor/a
Brea Torres
Gustavo [et.al.].
Lingua/s
Castelán

O Manual DEA trata de utilizar os criterios sobre o uso do desfibrilador semiautomático externo (DEA) cara á docencia e a impartir os cursos DEA, polos instrutores de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para formar o persoal no seu uso, como parte esencial da cadea de supervivencia.

Neste documento preséntase o manexo metodolóxico da Guía de práctica clínica (GPC) sobre atención paliativa ao adulto en situación de últimos días do programa de GPC no Sistema nacional de saúde. Para cada área clínica abordada preséntase a pregunta clínica en formato PICOD (Paciente, intervención, Outcomes resultados e Deseño), a procura bibliográfica, os perfís de evidencia GRADE, as táboas de evidencia e os estudos excluídos e motivos de exclusión. Finalmente, preséntanse os custos unitarios dos fármacos máis empregados na situación de últimos días.