Catálogo

Amosando 49 - 60 de 394

O contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo da VIH-sida e trata o tema das novas infeccións da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informe sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade. E así coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas, ás prácticas de risco e á distribución temporo-espacial.

Este documento realiza unha análise descritiva de toda a actividade asistencial do Servizo Galego de Saúde respecto dos pacientes diagnosticados de cancro, tanto adultos como pediátricos, así como os resultados das actuacións e dos programas de saúde pública no ámbito da promoción da saúde e da prevención do cancro. Os anos analizados son catro, desde o ano 2016 ata o ano 2020.

O Consello de Bioética de Galicia (CBG) propuxo aos comités de ética asistencial (CEA) galegos a realización dunha xornada de encontro o 3 de marzo de 2022, que sirva de foro de intercambio entre os CEA, o CBG e a cidadanía.
Os obxectivos que se formularon foron: facilitar o intercambio de experiencias, promover aprendizaxes a partir da reflexión bioética durante a pandemia, reflexionar sobre as fortalezas e as debilidades dos CEA e do CBG, dar voz ás inquedanzas xeradas na pandemia e celebrar dous eventos, a conmemoración dos 25 anos da posta en marcha dos grupos promotores do CBD e os 20 anos de promulgación da Lei de autonomía do paciente.
Esta publicación trata de transcribir as conclusións obtidas nesta xornada.

Autor/a
Rey Castiñeira
Lorena
Autor/a
Triñanes Pego
Yolanda
Autor/a
Casal Acción
Beatriz
Lingua/s
Castelán

O cancro de vexiga non músculo invasivo caracterízase por unha alta taxa de recorrencia e progresión da enfermidade. O tratamento individualízase en función do risco de cada paciente. As opcións terapéuticas dispoñibles inclúen a Mitomicina e o Bacilo de Calmette-Guérin. Esta última opción presenta problemas de desabastecemento ou de resistencia, entre outros; polo que existe interese en técnicas que aumenten a eficacia da Mitomicina como a quimiohipertermia intravesical condutiva. Actualmente as guías de práctica clínica non recomendan esta técnica por falta de proba sobre a súa eficacia.

Amplo e pormenorizado documento bilingüe no cal se define paso a paso o proceso que debe seguir o diagnóstico, tratamento e seguimento de todos os doentes con sospeita de fibrilación auricular na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Froito do consenso entre profesionais de diferentes especialidades: cardioloxía, medicina interna, neuroloxía, urxencias, medicina de familia, farmacia e hematoloxía, o obxectivo é introducir vías, con circuítos e actividades definidos, polas que o proceso discorra de xeito fluído. A fibrilación auricular constitúe o terceiro motivo de consulta cardiovascular da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. É tamén un importante motivo de demanda asistencial no Servizo de Urxencias de Santiago de Compostela.

0,00 €
Autor/a
Grupo de elaboración:
Autor/a
Álvarez Ariza
María
Autor/a
Bilbao Garmendia
Eva
Autor/a
González García
Amparo [et.al.].
Lingua/s
Castelán

As autolesións convertéronse nas últimas décadas nun importante problema de saúde pública na adolescencia, cun importante impacto a nivel individual, familiar e social. O obxectivo xeral deste traballo é elaborar un documento baseado na evidencia científica e no consenso de expertos que permita unha mellor avaliación e un manexo clínico das autolesións na adolescencia.

0,00 €
Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Autor/a
Paz Valñas
Lucinda
Lingua/s
Castelán

A termoplastia bronquial (TB) é un procedemento de ablación das vías respiratorias cuxo obxectivo é mellorar o control da asma e a calidade de vida. Está indicado para o tratamento da asma grave que non responde ao tratamento farmacolóxico habitual; realízase en tres sesións e de forma ambulatoria. A evidencia suxire que a TB podería ser moderadamente beneficiosa nalgúns pacientes, pero non está exenta de riscos. Durante as primeiras semanas tras a intervención, o risco de complicacións que necesitan hospitalización ou visitas a urxencias é maior que o tratamento farmacolóxico, pero estas diferenzas desaparecen co tempo.

Autor/a
Balado Alves
Claudia
Coautor/a
Cambeiro Díaz
Carollina
Coautor/a
Diéguez Rodríguez
Ana
Coautor/a
Gómez Suárez
Ana Fátima
Coautor/a
Pérez García
Silvia
Coautor/a
Susacasa Noval
Octavio
Coautor/a
Vilas Debén
Natalia
Ilustrador/a
Díaz Martínez
Encarnación
Lingua/s
Castelán

O número 4 desta colección céntrase na situación que presentan os menores con problemas e o mundo xudicial. Tenta limar as diferenzas que existen entre medidas xudiciais que se poden aplicar a quen comete infraccións e o seu tratamento psicolóxico e médico para que non sexan contraproducente en termos de saúde e de xustiza e buscar un permanente diálogo entre a atención médica e a situación xudicial.
Por outra banda, considéranse os aspectos xudiciais, desde a reforma xuvenil, e explícanse os tipos e problemática do acollemento residencial.
Como afrontar a situación desde o punto de vista dos centros e desde o punto de vista das familias é o obxectivo principal desta guía.

Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social. 

 

 

 

 

Coordinador/a
Álvarez Sánchez
María José
Lingua/s
Castelán

Segunda edición da Guía farmacoterapéutica de utilización no ámbito sociosanitario, especialmente naqueles centros que dispoñen de Convenio co Servizo Galego de Saúde para a subministración da prestación farmacéutica no marco do programa de atención farmacéutica e que viu a luz no ano 2017. Esta guía de medicamentos está dirixida a todos os profesionais sanitarios cuxo ámbito de actuación é o sociosanitario co obxectivo de homoxeneizar a prestación farmacéutica.
Esta nova edición actualiza e revisa a inclusión/ exclusión de principios activos e engade novos contidos (Tall- man letters, identificación de medicamentos perigosos, axustes insuficiencia renal/ hepática, etc).

Autor/a
Campos Chan
Lidia
Autor/a
Esperón Güimil
José Antonio
Autor/a
Argibay Cochón
Carlos [et.al.].
Lingua/s
Castelán

Este procedemento pretende proporcionar os coñecementos adecuados para o manexo e a atención a pacientes con ventilación mecánica non invasiva (VMNI) publicado no portal Femora do Servizo Galego de Saúde en https://femora.sergas.es/