Estudo sobre o réxime de intervención municipal nas verbenas de Galicia. Este traballo resultou premiado na XXI edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.
Estudo sobre o réxime de intervención municipal nas verbenas de Galicia. Este traballo resultou premiado na XXI edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.
Compendio e escolma de José Mª Castroviejo y Blanco-Cicerón.
A través desta publicación, o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago ofrécenos o X Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, en que se aborda o padroado xacobeo. Baixo o título de Jacobus patronus e, a través das achegas de recoñecidos investigadores de Cuba, Chile, Estados Unidos, Alemaña, España, Francia, Italia, Polonia e Portugal, o Comité quere afondar na relación do apóstolo Santiago co mundo exterior. O Congreso tivo lugar na cidade de Santiago, entre os días 9 e 11 de novembro de 2017.
Guía ilustrada da exposición temporal "De Punta Balea a Cabo Morás. La caza moderna de la ballena en Galicia" dedicada á caza da balea. Faise un percorrido pola exposición cun discurso expositivo que se desenvolve con comentarios breves e profusión de imaxes en cor das pezas expostas, con textos introdutorios e ao pé de imaxe.
Mariana de Neoburgo, alemá de nacemento, foi a raíña de España desde 1989 ata 1770. Converteríase, por un lado, nunha figura política española de finais do século XVII, a través do seu matrimonio co rei Carlos II (1661 – 1700) e, por outro, nunha soberana pouco querida polo pobo español pola súa orixe estranxeira e a súa natureza fachendosa. Este volume é un facsímile de 11 impresos do século XVII sobre a viaxe da raíña por Galicia.
Libro en edición bilingüe galego-castelán que recolle as actas das tres edicións da Xornada sobre Bibliotecas Especializadas, nas cales se recollen os diferentes relatorios de autoras e autores que participaron. Os relatorios estrutúranse segundo a xornada a que pertencen.
O deseño para a innovación ocupa un lugar destacado na estratexia actual de crecemento, mercado interior, industria, emprendemento e pemes da Comisión Europea. Co obxectivo de mellorar o coñecemento e a comprensión do deseño polas empresas como factor estratéxico relevante, esta primeira publicación, O deseño como motor. Casos de éxito quere poñer en valor a relación dos deseñadores coas empresas como elemento de competitividade.
Publicación que recolle a experiencia deselvolvida polo Museo Etnolóxico no proxecto Museo Aberto, destinado a traballar con colectivos.
Obra coeditada pola Agadic e Dos Acordes dentro da colección Ars Gallaeciae Musicae, Serie Agra Vella.
Nas montañas de Galicia foi composta en Bos Aires entre 1917 e 1919 e, aínda que premiada en concursos auspiciados pola Institución Mitre en 1923 e polo Centro Galego de Bos Aires trinta anos máis tarde, o autor non podería ver estreada a súa obra (só o seu último tempo, Danza campestre), pois a sinfonía completa se estrearía en conmemoración do centenario do seu nacemento, quince anos despois da súa morte, durante as xornadas galegas organizadas polo Centro Galego de Bos Aires o 28 de xullo de 1974. A estrea europea tería lugar ao ano seguinte na Coruña, no Teatro Colón.
En palabras de Joam Trillo, estamos ante unha sinfonía cos seus movementos convencionais -mutatis mutandis- estruturados como os dunha sinfonía clásico-romántica pero con elementos cíclicos e cunha temática totalmente galega, aínda que non comporte necesariamente que o tema en cuestión sexa recoñecible na tradición ou nos cancioneiros, dado que algúns son do propio autor e outros sofren transformacións ata facelos irrecoñecibles.
Contén CD coas partes instrumentais.
Homeless é o catálago da primeira mostra retrospectiva en España da artista Ángela de la Cruz, organizada conxuntamente por Azkuna Zentroa (Bilbao) e o CGAC.
Esta publicación recolle as actas do Congreso internacional Propter magnare creatus, celebrado en Santiago de Compostela os días 21, 22 e 23 de setembro de 2016.
Co obxecto de dar á gastronomía unha identidade máis sólida no ámbito cultural, levouse a cabo esta publicación enogastronómica que fortalece o interese pola gastronomía desde o punto de vista académico e científico, reunindo nun congreso investigadores que profundizaron no tema das relacións entre lingua, literatura e comida en Italia e España.
O lector atopará contribucións relevantes para descubrir o vínculo existente entre lingua común ou literaria e comida no trascurso dos séculos.
Estudo sobre a Galicia do Antigo Réxime que analiza polo miúdo unha época en que a comunidade galega contaba cun mapa administrativo moi fragmentado e complexo, con sete provincias divididas en incontables xurisdicións, concellos e partidos. Este traballo presenta desde unha óptica multidisciplinar as particularidades máis destacables das vilas de Muros, Noia e Corcubión durante o citado período histórico. O estudo pon de relevo aquelas características comúns a todos estes territorios –emanadas do seu carácter urbano, marítimo-portuario, señorial e galaico- así como as diferencias existentes entre elas, facendo fincapé na pluralidade do fenómeno municipal do noroeste peninsular. Este traballo resultou premiado na XX edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.