Catálogo da exposición "Galicia universal. Arte galega nas coleccións Abanca e Afundación".
Catálogo da exposición "Galicia universal. Arte galega nas coleccións Abanca e Afundación".
Catálogo da exposición Flor Novoneyra, na que se representa o diálogo entre a obra de Antón Lamazares e a poesía de Uxío Novoneyra a través de 160 pezas de Lamazares, inspiradas nos versos do poeta.
Primeira monografía editada en español sobre a artista escocesa Susan Philipsz. Con motivo da súa exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea presentamos unha compilación das súas obras relacionadas cos temas da ausencia, a perda e a morriña. Os textos reunidos nesta edición fan dela unha ferramenta fundamental para comprender a traxectoria da artista, así como as últimas tendencias en experimentación sonora en formatos de exposición.
En novembro de 1970 o artista arxentino David Lamelas editou por primeira vez Publication, un libriño sen ilustracións con textos de Keith Arnatt, Robert Barry, Stanley Brouwn, Daniel Buren, Victor Burgin, Michel Claura, Gilbert & George, John Latham, Lucy R. Lippard, Martin Maloney, Barbara M. Reise, Lawrence Weiner. O libro recolle as reaccións destes artistas e críticos de arte a tres afirmacións formuladas por Lamelas arredor dunha cuestión central da arte conceptual: a relación existente entre arte e linguaxe. A peza, que se presentou por primeira vez na galería Nigel Greenwood Inc. Ltd. de Londres, poderá verse na exposición individual de David Lamelas no CGAC en 2021. Como novidade, a edición do CGAC inclúe un debuxo a cor de Marcel Broodthaers que non fora reproducido en ningunha das edicións e reimpresións anteriores da obra.
Manfred Gnädinger (Radolfzell, 1936-Camariñas, 2002), máis coñecido como Man de Camelle, foi un creador polivalente que desenvolveu o conxunto do seu labor en Camelle (Camariñas), totalmente á marxe do sistema artístico. Ao longo da súa vida dedicouse a integrar obxectos que o mar lle traía no contorno do seu xardín, formando esculturas e conxuntos artísticos en constante evolución que deron forma ao seu museo. O seu legado deixóunolo en forma de proxecto museográfico, seguindo un proxecto totalmente innovador, no que se plasmaban conceptos moi actuais sobre xestión, difusión e divulgación museística. Sistematizouno nun compendio de 606 fotografías, debuxos e escritos denominado "Museum vom Einsiedler Man". Camelle (A Coruña) Spanien, no que se recolle a esencia da súa creación artística entre os anos 1969 e 1978.
O proxecto expositivo "Work (always) in progress" formula un discurso secuencial que permite abordar os principais aspectos do traballo de Pedro Cabrita Reis (1956) a través de series representativas como Compounds, Favorite Places, True Gardens ou Floresta nun arco temporal que percorre tres décadas. A mostra articúlase por medio dunha trintena de obras que ocupan o vestíbulo e as plantas baixa e primeira do CGAC, xunto con intervencións site specific no exterior do edificio. As obras reunidas dan conta da súa extensa produción artística, que evidencia o potencial dialéctico do seu traballo, entre referencias a principios construtivistas e procesuais, cuestións formais minimalistas e o uso prominente do obxecto preexistente.
Que axentes interveñen nunha paisaxe e a transforman? Que é cales son os seus lindes? Na exposición "In Landscape Mode" (En modo paisaxe), Christian Villamide (Lugo, 1966) reflexiona acerca da distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos para poñer o foco sobre a forza e a violencia con que sometemos a natureza. Na procura dunha maior sensibilización que permita cambiar a nosa maneira de concibir a natureza e de achegarnos a ela, Villamide lévanos a cavilar sobre a nosa paisaxe e o noso territorio desde a introspección, repensándonos a partir da relación que establecemos coa nosa contorna máis inmediata.
Vestiges d'un ici, vestixios de si é un dispositivo aberto e complexo onde conflúen experiencias. iniciativas, instantes privilexiados, colaboracións e reflexións críticas acerca do acontecido no transcurso da exposición homónima de Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) no CGAC.
A través da palabra e a imaxe, propícianse momentos íntimos, instantes poéticos que permiten expresar todo aquilo que non pode ser dito, furgar nos recunchos, nas entrañas, nos vestixios dun aquí...
O catálogo da exposición producida polo Museo de Belas Artes da Coruña "Vestir Épocas: 1860-1960. A colección Ana González-Moro" presenta dous espléndidos artigos dos comisarios en que explican o contido da exposición. A seguir engádense as seccións que compoñen a mostra coas fotografías realizadas por Jesús Madriñán e a relación catalográfica das pezas.
Guía ilustrada da exposición temporal con texto explitativo e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.
Número XI da revista científica multilingüe Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado a Santiago o Maior, o culto e os camiños xacobeos en Portugal.
Estudo sobre o réxime de intervención municipal nas verbenas de Galicia. Este traballo resultou premiado na XXI edición do Premio Manuel Colmeiro organizado pola Escola Galega de Administración Pública.