O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente.
O Camiño Portugués: Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente.
Catálogo da exposición "Galicia, un relato no mundo" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e colaboracións de especialistas nos temas tratados. Ademais, inclúe textos do escritor Robert MacFarlane.
Catálogo da exposición "Galicia futura". Galicia futura é unha exposición que amosa cal pode ser o futuro de Galicia en diferentes campos, que van desde as artes ou a música ata a biomedicina e as enxeñarías. Expón un futuro desexado e posible a partir da análise do que están a facer agora mesmo en Galicia os profesionais e grupos de vangarda.
Catálogo da exposición "Os brancos segredos do seu ventre" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e fichas dos 170 artistas que forman a colección depositada na Fundación Rac.
As Actas del XI Congreso Internacional de Estudios Jacobeos, tituladas Berenguel de Landoria, son o resultado de dar continuidade ao longo proceso que o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago iniciou no ano 1992 e abriu novas fronteiras á investigación. Nesta ocasión reuniuse na cidade de Santiago, do 19 ao 22 de febreiro de 2020, un grupo de profesionais co propósito de afondar na figura de Berenguel de Landoria (arcebispo de Santiago, 1317-1330) así como nun período pouco coñecido e moi rico da historia de Galicia. O congreso pon de manifesto a relevancia dos relatores e a calidade e variedade das intervencións, con recoñecidos investigadores de España, Francia, Italia, Polonia, Portugal e Estados Unidos.
Número doce da revista científica Ad Limina, de carácter interdisciplinar e internacional, multilingüe, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións.
Neste folleto recóllense aqueles fitos ou monumentos máis salientables dos Camiños de Santiago do norte de España. Trátase dun proxecto xurdido da colaboración de sete das comunidades que integran o Consello Xacobeo. No caso de Galicia aparecen un total de dez puntos de especial significado no ámbito xacobeo, pertencentes aos Camiños Francés, Primitivo e do Norte. Son espazos de gran valor artístico e histórico, vinculados de xeito moi estreito á peregrinación a Compostela.
Catálogo da exposición "As miradas de Isaac" con fotografías de todas as pezas da exposición do mesmo nome e colaboracións de especialistas. O catálogo percorre a vida e obra de Isaac Díaz Pardo, no ano do centenario do seu nacemento.
Catálogo da exposición "Pestana, la verdad entre las manos" na cal se trata a figura e a obra do fotógrafo Baldomero Pestana, así como o contexto vital que influíu na súa producción artística.
Catálogo da exposición Da árbore a cadeira, que fai un percorrido pola historia e actualidade do deseño do moble en Galicia, a partir dos tres pioneiros: Isaac Díaz Pardo, Xosé Bar Boo e Alejandro de la Sota. Consta de dous tomos: un adicado ao bosque e ás árbores de Galicia, e o segundo, ás pezas senlleiras dos deseñadores galegos.
Catálogo da exposición "Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia". Aparece recollido aquí o mellor da edición galega clásica, cos grandes nomes asociados ao noso desenvolvemento cultural.
Catálogo da exposición de Xurxo Lobato "Rostros do país".