Guía da colección de arte do Museo de Belas Artes da Coruña.
Guía da colección de arte do Museo de Belas Artes da Coruña.
Santiago de Compostela no tempo é o catálogo da primeira exposición que se pon en marcha das sete mostras que conforman un proxecto máis amplo, Cidades no tempo, que terá como protagonistas as sete principais urbes galegas ao longo desde 2022-2022. A exposición explora a interacción entre o urbanismo, a sociedade e o territorio que conforma a capital de Galicia, abranguendo distintas perspectivas.
Ferrol no tempo é o catálogo da segunda exposición que se pon en marcha das sete mostras que conforman un proxecto máis amplo, Cidades no tempo, que terá como protagonistas as sete principais urbes galegas ao longo desde 2022-2022. A exposición explora a interacción entre o urbanismo, a sociedade e o territorio que conforma a capital de Galicia, abranguendo distintas perspectivas.
Número XIII da revista científica multilingüe, Ad Limina, de carácter multidisciplinar e internacional, de investigación sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno das peregrinacións. Nesta ocasión, trátase dun número monográfico especial dedicado á “Cultura escrita, mulleres e peregrinación na Europa Medieval”.
A Vía da Prata. Aires do sur proponnos un percorrido a través de 150 anos de historia da fotografía, que nos convida a reflexionar sobre a soidade, a distancia e o paso do tempo. A exposición componse dunha selección de fotografías do século XIX ao XXI, tomadas en diferentes puntos do percorrido do Camiño desde Sevilla a Santiago de Compostela da man de figuras consagradas e emerxentes da arte fotográfica.
Editado con motivo do seminario Camilo José Cela. A palabra e a imaxe, que tivo lugar no CGAC o 4 e 5 de xuño de 2021, este volume recolle unha colección de artigos que exploran a obra do premio Nobel a partir da relación da súa obra narrativa-contos, apuntamentos carpetovetónicos, libros de viaxes, relatos pseudoemblemáticos, fotorrelatos, calidoscopios, mesmo novelas- coas artes visuais a través do diálogo con pintores (Picasso, Esplandiú, Zabaleta ou Lloveras), debuxantes (Lorenzo Goñi) e fotógrafos (Wlasak, Fontserè ou Palazuelo). Se hai algo que caracteriza a obra de Cela é a súa vontade permanente de conversar coas imaxes, en ocasións de modo solidario e a miúdo de modo solidario e outras de modo irónico ou paródico, teimando sempre en subvertelas desde a palabra.
Hamish Fulton (Londres, Reino Unido, 1946) é un artista cuxa obra é o resultado do encontro entre a arte e o camiñar. Leva desde 1969 realizando camiñadas por distintas paraxes do planeta: percorreu a Península Ibérica de costa a costa en varias ocasións, visitou case toda Europa, Canadá, Estados Unidos, México e Australia, e camiñou polas montañas da India e do Nepal. Con motivo da exposición Walking East, organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea, planeou un percorrido partindo desde Fisterra, en dirección a Santiago de Compostela, Pamplona e Roncesvalles ata Hendaia.
Esta publicación presenta unha serie de obras resultantes deste proxecto acompañadas dunha conversa na cal o comisario da exposición, Pep Benlloch, e o artista falan sobre a experiencia no Camiño e a carreira de Hamish Fulton como walking artist (artista camiñante).
Catálogo do proxecto expositivo sobre o recoñecido artista Jorge Castillo, especialmente centrado na súa faceta como escultor, e con destacadas inclusións dos seus debuxos e obra gráfica.
A publicación Por unha bioloxía da imaxe presenta dúas series sucesivas de obras da artista madrileña Clara Carvajal, Dioses de la frontera e Argucia, que se inscriben no que poderiamos chamar unha primeira aproximación desta artista á bioloxía da imaxe. Mediante este concepto plenamente innovador Carvajal indaga na dimensión plástica e escultórica da imaxe fotográfica.
Dioses de la frontera abre camiño a unha viaxe expositiva e vital: Beirut, esas mil e unha cidades desde onde Clara Carvajal resignifica as imaxes da Arab Image Foundation, os arquivos do xornal An-Nahar e do fotógrafo Émile Boulos Divers. Argucia, pola súa banda, supón un paso máis nesta percuda ao incorporar a tridimensionalidade en sete caixas que funcionan como contornos abertos.
Con ambas as series, Clara Carvajal introdúcenos nun xogo de espellos onde as imaxes rexorden en distintos medios para reafirmaren a súa existencia.
Trátase dun despregable de oito corpos en que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos etc. Así mesmo, a epígrafe “Mais alá do Camiño” anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.
Teoría do asombro funciona como unha guía en clave simbólica da exposición Antón Patiño. Caosmos (CGAC, Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020). Pódese ler como un ensaio ou como un relato fragmentario. Como en moitas das obras de Antón Patiño, entre as páxinas deste volume axítase subliminarmente a idea de mapa, de itinerario guiado ou percorrido comentado, que vai trazando un retrato do seu autor entre a pintura e a escritura, entre a mirada poética, o sentido cívico e transformador da cultura e a práctica pictórica.
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.