Catálogo

Amosando 1885 - 1896 de 2048

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

A Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais supuxo un cambio radical na forma de entender a seguridade e saúde laboral dos traballadores que pasa de ter un carácter proteccionista a analizar, identificar, avaliar e reducir os riscos derivados do traballo. Esta guía ten como finalidade coñecer e identificar os riscos, por un lado e facilitar e mellorar as condicións laborais dos traballadores e o seu benestar en xeral.

Esta guía recolle os recursos existentes a nivel autonómico e estatal para a emancipación da mocidade. Co fin de organizar os recursos distribúense en recursos para a formación, para o emprego e para o acceso á vivenda.
Os recursos para a formación recollen tanto a formación regrada que ten unha relación máis directa co emprego como aquela formación non regrada que facilita o achegamento ao mundo laboral.
Nos recursos para o emprego relaciónanse aqueles necesarios para o acceso ao emprego por conta propia e allea, ademais faise unha referencia ao emprego na Unión Europea.
Por ultimo, nos recursos para a vivenda descríbense aquelas axudas ás que poden optar os mozos para o seu acceso a unha vivenda tanto en aluguer como en propiedade.
Ademais ao longo da guía móstranse diferentes enlaces a paxinas web onde a mocidade pode encontrar máis información sobre os diferentes recursos expostos.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Publicación que analiza a evolución e a situación dos traballadores autónomos no actual mercado laboral galego. No informe móstranse as evolucións nos últimos anos dos indicadores que caracterizan o mercado laboral en relación con este colectivo de traballadores: a ocupación por conta propia e a afiliación na Tesourería Xeral da Seguridade Social. Analízanse tamén as cooperativas e sociedades laborais, as empresas con titularidade de persoa física, as pensións, a siniestralidade laboral, a formación e cualificación para o traballo autónomo e a figura do emprendedor.

EPublicación que analiza a evolución e a situación das mulleres traballadoras no actual mercado laboral galego. Este informe actualiza os datos ofrecidos na anterior publicación sobre este colectivo elaborada no ano 2006. Móstranse as evolucións nos últimos anos dos indicadores que caracterizan o mercado laboral feminino: a participación laboral das mulleres, as afiliacións no sistema da Seguridade Social, o paro, contratación, nivel salarial, formación para o emprego e a siniestralidade laboral nas mulleres traballadoras. Analízanse en primeiro lugar a situación e evolución demográfica da poboación feminina na comunidade galega.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Documento que se corresponde coas actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación establecida no Plan galego das persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015. Estrutúrase en 4 capítulos aos que acompañan anexos que completan a información analizada.

Esta segunda publicación fai fincapé na planificación preventiva. En particular, detállanse as revisións de mantemento e as inspeccións técnicas de seguridade que se deben esixir, as primeiras en función do uso do equipo e as segundas cunha periodicidade mínima anual. Outro aspecto práctico importante que garante a seguridade é a formación dos traballadores, para os que se establecen dous niveis de cualificación: o de operador e o de supervisor de operacións de supervisor de operación de manutención con carretillas.

Facilitar información xurídica sobre os procesos de incapacidade xurídica, tutelas, fundacións tutelares, ingresos non voluntarios en centros. Vai dirixida a familiares/titores, profesionais dos servizos sociais, directores e outros profesionais de centro para persoas con discapacidade de Galicia.