Catálogo

Amosando 1873 - 1884 de 2048

Publicación de periodicidade anual dedicada á estatística descritiva da sinistralidade laboral en Galicia. Elabórase coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega. A explotación estatística realízase clasificando os accidentes segundo o grao da lesión e outras variables como sectores de actividade, natureza da lesión, etc. Tamén se ten en conta os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral, indicándose de xeito separado, o número de accidentes in itínere. A información agrúpase en cinco epígrafes: Accidentes de traballo con baixa, Accidentes de traballo mortais, Enfermidades profesionais, Variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo nos últimos dez anos, Índices de incidencia

A mobilidade xeográfica constitúese como unha das alternativas máis eficaces ante a situación que atravesa na actualidade o mercado laboral. O informe pretende ilustrar esta realidade amosando unha radiografía dos fluxos de desprazamentos xeográficos que se establecen dentro de Galicia e con respecto ás distintas comunidades autónomas do resto do Estado, albiscada dende diversas variables que configuran unha panorámica xeral da mobilidade laboral.

O obxectivo deste informe é facilitar a información oportuna para acadar unha mellor integración das mulleres no mercado laboral, e concretamente naqueles sectores e ocupacións que presenten mellores perspectivas de empregabilidadd e, ao mesmo tiempo, baixos niveis de representación feminina. Para iso establécese un listado das principais ocupacións onde a muller presenta baixos niveis de contratación nos últimos anos e ademais se pon maior énfase naquelas que teñen unha tendencia positiva de contratación no último quinquenio e aínda así seguen presentando unha escasa representación feminina

Lingua/s
Galego

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Manual dirixido a coidadores do contorno familiar que abrangue o desenvolvemento de todas as áreas de intervención pertinentes e incide na tripla vertente: coñecementos, adestramento en habilidades e desenvolvemento de actitudes axeitadas. Os contidos son: a promoción da autonomía persoal e a atención as situacións de dependencia na súa dobre dimensión individual e social, a dimensión sociosanitaria da enfermidade mental, técnicas para mellorar a comunicación coa persoa con enfermidade mental, manexo e afrontamento de condutas difíciles, o coidado do coidador e aspectos éticos a ter en conta (a preservación da autonomía persoal).

0,00 €

Recóllense aquelas actuacións que, dende a Xunta e os diferentes organismos públicos, se están a levar a cabo ou que se van poñer en marcha no período 2010-2013 co fin de mellorar a cualificación e capacitación da mocidade en varias áreas da vida. Inicialmente descríbense as características sociodemográficas da mocidade galega, así como os principios e referencias normativas nos que se enmarcan as medidas e actuacións propostas. O plan estrtúrase en nove eixes: educación, emprego, creatividade e espírito empresarial, vivenda, saúde e deporte, información e formación, participación e asociacionismo, voluntariado e mobilidade ao redor dos cales xiran as 249 medidas previstas.