A RSE caracterízase pola súa transversabilidade e ten aplicación en múltiples sectores e áreas de actividade como é o caso do turismo, unha das principais industrias do país. Un magnífico exemplo de turismo sostible e respectuoso co medio é o Camiño de Santiago, que serve de inspiración nesta guía como “camiño á competitividade”. As múltiples rutas a Compostela percorren os aspectos a ter en conta na estratexia de RSE dunha peme e nas relacións co seu contorno.
A través da valorización e difusión turística do Camiño de Santiago, contribúese ao fortalecemento do tecido económico, á creación de emprego e ao estímulo dos factores de competitividade.