Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.
Libro-guía dos camiños de Santiago en Galicia, con mapas e ilustracións a cor e textos de Cristóbal Ramírez.
Libro catálogo que recolle unha serie de artigos sobre a figura de san Francisco de Asís e a contextualiza. Ten en conta aspectos como a tradición da súa viaxe como peregrino a Compostela, o nacemento da súa orde, a arte do seu tempo, etc. A publicación presenta ademais o catálogo de obra da exposición do mesmo nome, que se inaugurou o 26 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela.
Resumo da actividade global e descrición detallada da actividade realizada polos distintos servizos de Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2013, tanto no hospital coma nos centros de saúde.
Estudo realizado por Belén Castro Fernández sobre o arquitecto Pons-Sorolla que recolle as súas intervencións no Camiño de Santiago: o traslado e nova ordenación de Portomarín, a liberación da muralla romana de Lugo, a musealización das pallozas do Cebreiro ou a restauración medievalizante da catedral de Tui, entre outras moitas.
As fotografías de "Miradoiro Galicia", de Vari Caramés, propóñense como etapas sucesivas dun enriquecedor percorrido, dunha viaxe estética ao corazón de Galicia que se reflice en retratos, paisaxes, escenas da vida cotiá, etc.
Catálogo da exposición “Lume na fonte. Antón Lamazares na Domus Nai", que tivo lugar no Ano Santo 2010 en Santiago de Compostela, na igrexa da Universidade, e que presentaba un diálogo íntimo entre a súa obra daquela máis recente –pezas creadas en Berlín entre 2007 e 2009– e a antiga igrexa da Compañía de Xesús, a súa arquitectura, os seus retablos e a súa rica imaxinería barroca.
O informe describe o Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal: obxectivos, características do programa, estrutura organizativa e sistemas de información e indicadores, así como os seus resultados no período 1995-2014.
Catálogo de arte, no que se amosa a obra do pintor lucense Xoán Guerreiro. No libro reprodúcese unha selección de obras e inclúense un texto crítico, xunto coa biografía e a bibliografía do citado autor.
Catálogo de arte no que se afonda na obra do pintor coruñés Teo Soriano.
Catálogo da exposición do mesmo título que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2014, dentro das actividades que desenvolve a entidade.
Unha selección da obra de Berta Cáccamo, realizada na última década, na que se ofrece a relación entre o debuxo e a pintura; esa relación compróbase.
Número especial da revista "Ad Limina", dedicado a aspectos relevantes do franciscanismo vinculado á cultura xacobea, editado no marco da celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.