Catálogo

Amosando 37 - 48 de 69
0,00 €
Autor/a
Abalde
Marcos
Coautor/a
Pérez
Avelina
Coautor/a
Epelde
Fernando
Coautor/a
Gayo
Clara
Lingua/s
Galego

Textos e adaptacións radiofónicas das obras finalistas do XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico de 2017.
Trátase dun certame xa consolidado no que cada ano aparecen novos nomes que achegan calidade e frescura a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.

15,00 €
Autor/a
Labraña
Carlos
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co IX premio Manuel María de literatura dramática edición 2016.
O valo, de Carlos Labraña, narra o encontro entre unha nena que foxe da guerra, Sahara, e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Con diálogos coidados, unha estrutura dramática ben armada e un minucioso coidado da lingua, presenta unha riqueza salientable que lle outorga o carácter sobresaínte como peza teatral. A través de Sahara chégannos fragancias do deserto, arrolos de sonoridade exótica e historias de estrelas que quencen as noites frías entre dunas sen fin. Do outro lado do valo, un soldadiño con corazón de chumbo que é quen de escoitar a quen amosa outra face dos acontecementos. Cunha harmoniosa mestura de inxenuidade e denuncia, a peza ofrece ao público miúdo a oportunidade de pensar que o mundo pode ser diferente. Un mundo onde non existen persoas ilegais, senón persoas ilegalizadas. O valo representa a esperanza que é precisa para transformar a realidade.

16,00 €
Autor/a
Lourenzo
Manuel
Lingua/s
Galego

Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXIII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais edición 2016.
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, é un conxunto de tres pezas ("Orzán", "O fulgor das atochas" e "Alerta na rúa do Pozo") con elementos comúns, concibidas, segundo o xurado do premio, "como un roteiro por algún dos espazos máis representativos da Coruña": O Orzán, As Atochas e A Falperra. Trátase dun paseo pola intimidade escura e visceral dunha cidade amada polo autor, a través de tres barrios nos que se desenvolve cadansúa historia criminal, tecida en ambientes marxinais e con personaxes da realidade actual: perdedores, buscavidas, amargados, especuladores e corruptos que se enfrontan a situación límite. A tonalidade da obra introdúcenos nunha atmosfera abafante que emprega unha linguaxe directa e, por momentos, poética, moi axeitada para expresar a deriva destes seres tristes e ao tempo dispostos a todo para garantir a súa supervivencia.

9,50 €
Autor/a
Valle-Inclán
Ramón María
Lingua/s
Galego

Martes de carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán) conforma o nº 2 da colección 'O papel do teatro', que dá cabida ás obras levadas á escena polo Centro Dramático Galego. Coeditada pola AGADIC e Edicións Positivas, este Martes de Carnaval, tradución ao galego de dous esperpentos de Valle-Inclán, é o retrato escuro, tráxico e lúcido dun país. Do corazón da gran chafallada nacional xorden os personaxes valleinclanescos, vítimas dunha patria que lles pasa por riba como una apisoadora, e contra a que se rebelan coas únicas armas que lles aprenderon: a extorsión, a mentira e a picaresca.
Non será en absoluto complicado para o público atopar exemplos nos xornais dos últimos anos que sirvan para situar esta historia e comprobar que o esperpéntico espírito nacional non mudou demasiado. Pero ninguén como Valle-Inclán para airear con retranca as nosas miserias a través da súa pluma erudita.

9,80 €
Autor/a
Vilariño
Inacio
Lingua/s
Galego

Os golfiños e o xigante, de Inacio Vilariño, conforma o número 14 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do XII premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para rapaces (edición 2016), e coeditada pola AGADIC e Baía Edicións, Os golfiños e o xigante conta una viaxe de superación emocionante, na que a protagonista percorre miles de quilómetros na procura do seu obxectivo vital, salvar a vida dos seus golfiños. A través dunha complexa proposta escénica que mestura a técnica de sombras chinesas e o audiovisual, recrea un curioso percorrido en diferentes medios de transporte polas exóticas paisaxes da China.

5,00 €
Autor/a
Vidal
Roi
Lingua/s
Galego

Marcha fúnebre para un monicreque, de Roi Vidal Ponte, conforma o número 15 da colección Barriga Verde, que integra as obras gañadoras dos premios para teatro de monicreques convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do XII premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade para adultos (edición 2016), e coeditada pola AGADIC e Baía Edicións, Marcha fúnebre para un monicreque é un experimento revolucionario cheo de voltas, revoltas e reviravoltas que, mediante a linguaxe da farsa, mostra aquilo que normalmente permanece oculto. A acción sitúase nun contexto operístico en chave de humor e misterio e cun marcado carácter metateatral e paródico para conformar un divertimento crítico no que a natureza inerte dos monicreques cobra un simbolismo político.

Autor/a
F. Ferreira
Eva
Autor/a
Castro Estevez
Alba
Autor/a
Pérez Pérez
Avelina
Autor/a
Carreira Varela
Ana Mª
Lingua/s
Galego

Textos e adaptacións radiofónicas das obras finalistas do X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico de 2016.
Trátase dun certame xa ben consolidado e seguido, no que cada ano aparecen nomes novos, cunha achega de calidade e de frescura extraordinarias cara a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.

Autor/a
Madera Seoane
Mª Jesús
Coautor/a
Leis Rey
Mª Teresa
Lingua/s
Galego

O caderno didáctico sobre Martes de Carnaval (As galas do defunto e A filla do capitán), produción do Centro Dramático Galego estreada o 20 de abril de 2017 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, é una ferramenta imprescindible para axudar o profesorado e o alumnado a apreixar a complexidade dun autor como Valle-Inclán e iluminar dun xeito axeitado o texto e o espectáculo do CDG tanto antes como despois de ver a función. Contén un estudo da vida e obra de Valle-Inclán, da súa relación co teatro, da proposta plástica e creativa dos personaxes e do proceso creativo das distintas disciplinas escénicas que conflúen no espectáculo: maquillaxe, vestiario, escenografía, luces, dirección...

Autor/a
Gayo
Clara
Autor/a
Pérez
Avelina
Autor/a
Bañobre
Marián
Autor/a
Cortegoso
Santiago
Autor/a
García Níñez
Daniel
Lingua/s
Galego

Textos e adaptacións radiofónicas das obras finalistas do IX Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, de 2015.
Trátase dun certame xa ben consolidado e seguido, no que cada ano aparecen nomes novos, cunha achega de calidade e de frescura extraordinarias cara a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.

Autor/a
B. Zarrilli
Phillip (ed.)
Tradutor/a
F. Vieites
Manuel
Lingua/s
Galego

A Interpretación (re)considerada ofrece unha ampla panorámica sobre as máis recentes teorías da interpretación. Trátase do nº 3 da Serie Grandes Manuais, da colección Biblioteca de Teatro, coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia.