Publicación da obra gañadora da VIII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade adultos, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.
Publicación da obra gañadora da VIII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade adultos, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.
Publicación da obra gañadora da VII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade adultos, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.
Galardoada co premio XI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade adultos, Ela, piedade dos suicidas, de Xavier Lama, e coeditada pola Agadic e Bahía Edicións, é unha nova visita ao vello mito grego de Orpheo e Eurídice, unha historia órfica de descenso aos infernos na procura da muller idealizada, na que o autor dá conta, en clave poética, do abismo entre a vida e a morte, entre a realidade e o desexo. A vontade transgresora da peza move os marcos do gusto hoxe dominante cunha orixinal mestizaxe de xéneros, pois presenta unha proposta en verso libre, de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras, pantallas, máscaras...
Galardoada co XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade infantil, e coeditada pola Agadic e Bahía Edicións, O lobo e a lúa, de Andrea Bayer Lloves, tece unha trama clara e atraente, na que adapta claves de intriga e suspense ao imaxinario dos máis pequenos; unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor que pon en valor, á vez, a singularidade da arte dos monicreques para engaiolar un público familiar.
Obra de Manuel Lourenzo gañadora da XVIII edición do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, coeditada con Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega.
Obra coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega. Galardoada co XXII premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, na edición de 2014, Raclette, de Santiago Cortegoso, é unha obra que mestura a comedia co dramatismo e aborda temas universais desde a perspectiva da sociedade actual: a incomunicación, a morte, a relación de parella, a maternidade, a sobreprotección ou a violencia.
Texto da obra gañadora do VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, de 2014.
Trátase dun certame xa ben consolidado e seguido, no que cada ano aparecen nomes novos, cunha achega de calidade e de frescura extraordinarias cara a esta forma dramática, canalizada unicamente co soporte da voz e do son.
Galardoada co VIII premio Manuel María de literatura dramática infantil, edición 2014, e coeditada por Edicións Xerais de Galicia e a Agadic, "Xogando con gatos", de Antón Cortizas Amado, é unha historia para lembrarmos a arte de xogar e para descubrirmos o xogo popular, que bebe nese rico acervo da transmisión oral, cancións, adiviñas, lengalengas, contos de fórmula, de nunca acabar e sortes de botar, e recupera para as persoas lectoras ou espectadoras moitos exemplos desoutra forma de xogo social, creativo e en liberdade; tamén denuncia coa súa mensaxe como os xogos tecnolóxicos condenan as nenas e os nenos á soidade, ao lecer pasivo e ao confinamento nas casas.
Terceiro libro dentro dunha liña editorial na que se recollen os bosquexos, as notas e a evolución do camiño que vai da xestación até a presentación final das producións do Centro Coreográfico Galego.