A Interpretación (re)considerada ofrece unha ampla panorámica sobre as máis recentes teorías da interpretación. Trátase do nº 3 da Serie Grandes Manuais, da colección Biblioteca de Teatro, coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia.
A Interpretación (re)considerada ofrece unha ampla panorámica sobre as máis recentes teorías da interpretación. Trátase do nº 3 da Serie Grandes Manuais, da colección Biblioteca de Teatro, coeditada pola AGADIC e Editorial Galaxia.
Obra producida polo Centro Dramático Galego en 2007 que conta a historia dunha rapaza, pequena aprendiz de pallasa, que para atopar o riso que perdera na escola emprende unha viaxe fantástica por distintos lugares, e que remata no circo, onde finalmente atopa o seu riso. Número infantil da colección Escena Aberta.
Nº 6 da colección Escena Aberta, coeditada pola AGADIC e Edicións Laiovento, que integra as producións do Centro Dramático Galego.
Obra de Xosé A. Neira Cruz gañadora do IV edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil, coeditada con Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega.
Publicación da obra gañadora da VIII edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.
Publicación da obra gañadora da X edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na súa modalidade infantil, coeditada pola AGADIC e Baía Edicións.
Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XX Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, edición 2011. A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, é unha reflexión sobre a banalidade do mal, na que os seus personaxes participan nunha cerimonia do horror da que ninguén pode fuxir, e onde a xestión da barbarie vira norma sagrada.
Obra de Raúl Dans gañadora da XIX edición do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, coeditada con Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega.
Obra coeditada pola Agadic e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co XXI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, edición 2012. Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, é un mapa de temperaturas do noso tempo, por onde transitan oito personaxes que intentan escapar da súa rutina e aparcar os seus problemas, para se deixaren engaiolar por unha raiola de sol.
Obra coeditada pola AGADIC e Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega, galardoada co VI premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, edición 2011. En O refugallo, a autora, Paula Carballeira, fálanos da capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, como o mesmo teatro, que lles dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.
Obra de Xavier Lama gañadora da V Edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil, coeditada con Edicións Xerais de Galicia dentro dá colección Biblioteca Dramática Galega.
Volume divulgativo sobre a aventura artística de Roberto Vidal Bolaño, que reinvindica o valor do autor. Reconstrúe a súa carreira e cataloga e clasifica as súas obras; avanza, así mesmo, unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a súa vida, desde a primeira superprodución plenamente galega, Agasallo de sombras.