Catálogo da exposición gastronómica sobre a tradición culinaria galega e, nalgúns casos, compartida e de interés do Norte de Portugal realizada no marco do programa europeo NORTEAR.
Catálogo da exposición gastronómica sobre a tradición culinaria galega e, nalgúns casos, compartida e de interés do Norte de Portugal realizada no marco do programa europeo NORTEAR.
Proxecto expositivo experimental que leva a cabo o poeta e escritor Antón Lopo que se desenvolveu na Casa da Parra e que ten como precedente unha serie de experiencias compartidas no bulleiral de Portocarreiro, Arzúa.
Este libro dá continuidade ao proxecto iniciado anos atrás de describir a fauna de Galicia tratando de maneira independente cada un dos filos animais presentes nas augas de Galicia. Neste caso, o libro está dedicado aos anélidos, un grupo extenso, ubicuo e de gran relevancia ecolóxica nas nosas augas. O libro trata de ofrecer unha ferramenta visual para a identificación destes animais sumamente interesantes pero que, en xeral, son moi descoñecidos. Mediante fotografías realizadas no seu hábitat natural, as especies coñecidas en Galicia son caracterizadas e descritas de maneira detallada, o que permite que o libro poida ser de utilidade para toda a persoa interesada, tanto profesional como afeccionada, desde biólogos, educadores científicos, mergulladores curiosos, pescadores e ata calquera a quen, de maneira ocasional, lle guste achegarse a observar as zonas intermareais.
Cartel coas medidas preventivas que hai que ter en conta ante as picaduras de carrachas.
Cadernos de Fraseoloxía Galega rende homenaxe a fraseóloga cubana María Luisa Ortiz Alvarez no seu número 26 con seis artigos interdisciplinares sobre a fraseodidáctica, a fraseoloxía bíblica, a linguoculturoloxía comparada, as expresións gastronómicas e a fraseotradución asistida por IA xenerativa, en diferentes linguas (portugués, francés, español, italiano...). Na sección “Varia” recóllense dous artigos dedicados á fraseoculturoloxía contrastiva chinesa-francesa e ás expresións figuradas nun contexto hospitalario. No apartado “Recadádivas” preséntase un dicionario galego de linguaxe figurada animal e unha compilación de unidades fraseolóxicas das Cantigas de Santa María. Pechan o número nove apuntas de obras recentes do ámbito fraseolóxgico e unha selección das novidades bibliográficas publicadas en 2024 (Novas).
O solucionario do manual do Curso de introdución á lingua e á cultura galegas está pensado para axudarche no teu proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de fonética, de gramática, léxico útil e cultura. Nel atoparás as respostas aos exercicios e actividades propostos no manual para aprender e practicar a lingua dun xeito ameno e activo.
Este curso está dirixido a aquelas persoas que teñan interese pola lingua galega e a súa cultura, tanto se teñen coñecementos previos como se comezan desde cero.
O polígrafo noiés Álvaro de las Casas foi un dos intelectuais galegos máis sobranceiros da primeira metade do século XX. Entre os seus innumerables traballos arredor da nosa cultura, salientan os dedicados á literatura de tradición oral. Neste Caderno Ramón Piñeiro recupérase, en edición facsimilar, un deses valiosos volumes centrados na literatura de transmisión oral: o Cancioneiro popular galego, un texto publicado orixinariamente na diáspora chilena en 1939 e que era ata agora de moi difícil acceso. Como limiar ao facsímile, os profesores José Luis Forneiro e Armando Requeixo dispoñen cadanseu texto introdutorio en que se dá conta da vizosa figura autorial e da peripecia vital de De las Casas.
Este volume reúne, desde unha perspectiva interdisciplinaria, unha selección de traballos vencellados a proxectos predoutorais actualmente en desenvolvemento, ao coidado de novas investigadoras e investigadores. O eixo temático común é o estudo das diversas tipoloxías e modalidades de expresión da relixiosidade na Galicia medieval. A análise inédita de fontes literarias (lírica trobadoresca, literatura científica, Liber Sancti Iacobi), documentais (legados testamentarios) e artísticas (patrimonio monástico, escultura funeraria, arte románica) permite abordar a complexidade das prácticas relixiosas e a súa representación cultural no contexto histórico galego.
O manual do Curso de introdución á lingua e á cultura galegas está pensado para acompañarte no teu proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de fonética, gramática, léxico útil e cultura. Ademais, inclúense exercicios e actividades para aprender e practicar a lingua dunha forma amena e activa. Este curso está dirixido a aquelas persoas que teñan interese pola lingua galega e pola súa cultura, tanto se teñen coñecementos previos como se comezan desde cero.
Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2024 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras.
Incidencia muller pedra, de AveLina Pérez, conforma o número 20 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2024, Incidencia muller pedra é un canto á liberdade do individuo, unha reflexión sobre o animal que levamos dentro, domesticado pola lei do home (ese home que perverte a natureza das cousas). A través dunha proposta dramatúrxica sinxela, baseada na acción verbal, preséntanos personaxes complexos, cheos de arestas, que convidan á reflexión a través das súas palabras e os seus silencios. Ponse en valor unha voz de muller non normativa, construída sen apelar a lugares comúns, a perspectivas ortodoxas. Mediante unha linguaxe sólida, de enorme riqueza estética, a autora tece unha historia singular e lúcida que foxe do convencional e se nos presenta coma unha construción teatral emocionante, delicada e profundamente intelixente.
Incidencia muller pedra, de AveLina Pérez, conforma ou número 20 dá colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dous premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
Gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2024, Incidencia muller pedra é un canto á liberdade do individuo, unha reflexión sobre ou animal que levamos dentro, domesticado pola lei do home (ese home que perverte a natureza dás cousas). A través dunha proposta dramatúrxica sinxela, baseada na acción verbal, preséntanos personaxes complexos, cheos de arestas, que convidan á reflexión a través dás súas palabras e vos seus silencios. Ponse en valor unha voz de muller non normativa, construída sen apelar a lugares comúns, a perspectivas ortodoxas. Mediante unha linguaxe sólida, de enorme riqueza estética, a autora tece unha historia singular e lúcida que foxe do convencional e preséntallenos coma unha construción teatral emocionante, delicada e profundamente intelixente.
O bailarín e coreógrafo Manuel Cajaraville Pensado (1926-1999) fixo un traballo de recuperación do folclore galego durante a maior parte da súa vida. Unha pequena mostra desa recolleita plasmouna nun libro baixo o título de Debullando folklore, editado na Coruña en 1983. Nesta publicación recolleu parte do seu traballo etnográfico como resultado das súas viaxes polas vilas e aldeas do país e no que se inclúen contos, cancións, bailes, refráns e regueifas. Sendo este ano das nosas letras o dedicado merecidamente ás cantareiras, non se pode deixar de mencionar a estreita relación de Manuel Cajaraville coas pandeireteiras de Mens, froito da cal resultou a recuperación de melodías case esquecidas. Debullando folklore é un libro de difícil busca e non hai mellor momento que neste ano para preparar unha edición facsimilar, acompañado dunhas notas introdutorias e un anexo fotográfico do autor.