Catálogo

Amosando 949 - 960 de 1444

Guía para fomentar as boas prácticas gandeiras, na que se propón un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo como referencia para os profesionais do sector agrogandeiro no desenvolvemento da súa actividade, para acadaren unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.

Guía para fomentar as boas prácticas agrícolas, na que se propoñen un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo, como referencia para os profesionais do sector agrícola no desenvolvemento da súa actividade, para alcanzar unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.

Coordinador/a
Quiroga Barro
Gabriel
Coordinador/a
Sierra Rodríguez
Xosé Carlos
Autor/a
Iglesias Armada
Pilar
Colaborador/a
Cardesí Díaz
José María...[et al.]
Lingua/s
Galego

Catálogo da exposición dedicada a Xaquín Lorenzo, realizada nunha colaboración entre o Arquivo do Reino de Galicia e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, centros dependentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Baséase principalmente na colección fotográfica do Arquivo, concretamente naquelas pezas nas que se reflicte a paisaxe ou a vida cotiá de Galicia: territorio, hábitats rurais, labores agrícolas e gandeiros, traballos téxtiles, aproveitamento fluvial, vida doméstica, feiras e mercados. En definitiva, aqueles aspectos que deron lugar a unha imaxe idílica de Galicia e centraron os estudos etnográficos de Xaquín Lorenzo.

Volume que reúne información útil para os produtores de castaña e viveiristas galegos na elección das variedades e portaenxertos, nas súas técnicas de multiplicación, na instalación e coidado dos soutos e, finalmente, na identificación das pragas e enfermidades do castiñeiro e nas medidas que cómpre tomar para as combater.

O Plan estratéxico 2017 da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o documento que recolle o que a organización quere ser dentro de catro anos e como conseguilo. No plan establécese en que grandes áreas de interese hai que traballar e mediante que plans de acción concretos pode achegarse ao que a fundación quere ser.

Coordinador/a
Álvarez Rodríguez
Miguel Ángel
Lingua/s
Galego

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, empresa pública de servizos sanitarios durante o ano 2013, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como os datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.