A seguridade clínica constitúe una dimensión clave de calidade asistencial e un dereito dos pacientes recoñecido por organismos como a OMS ou a Organización Panamericana da Saúde. A EOXI de Santiago presenta a Guía de Prácticas Seguras na atención sanitaria que engloba dez liñas de actuación sanitaria coas principais recomendacións que os profesionais deben seguir para proporcionar unha asistencia segura e de calidade. Na guía abórdanse aspectos comúns relacionados coa asistencia sanitaria e enfocados fundamentalmente á prevención de erros como a identificación de pacientes, a hixiene de mans, o uso seguro de medicamentos, a seguridade de probas diagnósticas etc., co obxectivo de promover e desenvolver o coñecemento e a cultura de seguridade entre os profesionais sanitarios.