Guía de lactación materna
Sinopse
A lactación materna é a forma ideal e natural de achegar aos nenos e nenas os nutrientes que necesitan para un crecemento e desenvolvemento saudables. Malia recoñecerse a súa repercusión positiva, o índice de lactación materna na área sanitaria de Santiago de Compostela é mellorable mediante unha política de promoción da lactación materna que adopte os criterios globais mínimos da Iniciativa da Humanización da Asistencia ao Nacemento e a Lactación (IHAN da OMS/UNICEF). Esta guía pretende difundir a normativa escrita de lactación a todo o persoal, co fin de unificar a actuación, garantir a competencia de profesionais, facilitar a continuidade na implantación de boa práctica e, en definitiva, ofrecer unha atención humanizada e de calidade.
Ficha técnica
Editorial
Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Ano de edición
2015
Edición
1ª
Lingua/s
Galego
Colección
D: Guías, manuais, protocolos, procesos, procedementos, instrucións e normativa
Volumes
1