Guía de prácticas seguras na asistencia sanitaria: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

0,00 €
Sinopse

A seguridade clínica constitúe una dimensión clave de calidade asistencial e un dereito dos pacientes recoñecido por organismos como a OMS ou a Organización Panamericana da Saúde. A EOXI de Santiago presenta a Guía de Prácticas Seguras na atención sanitaria que engloba dez liñas de actuación sanitaria coas principais recomendacións que os profesionais deben seguir para proporcionar unha asistencia segura e de calidade. Na guía abórdanse aspectos comúns relacionados coa asistencia sanitaria e enfocados fundamentalmente á prevención de erros como a identificación de pacientes, a hixiene de mans, o uso seguro de medicamentos, a seguridade de probas diagnósticas etc., co obxectivo de promover e desenvolver o coñecemento e a cultura de seguridade entre os profesionais sanitarios.

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Santiago de Compostela
Ano de edición
2014
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
D: Guías, manuais, protocolos, procesos, procedementos, instrucións e normativa
Volumes
1