Segunda edición ampliada de A cerdeira de orixe galega para uso forestal, na cal se inclúen novos clons experimentais de cerdeiras e o uso da cerdeira como materia prima nos oficios tradicionais.
Segunda edición ampliada de A cerdeira de orixe galega para uso forestal, na cal se inclúen novos clons experimentais de cerdeiras e o uso da cerdeira como materia prima nos oficios tradicionais.
Documento que recolle a análise de resultados do cuestionario censual sobre convivencia dirixido a toda a comunidade educativa galega, atendendo á visión de alumnado, profesorado, familias e persoal non docente, co obxectivo de ilustrar a situación da nosa comunidade nesta materia e informar da toma de decisións.
Esta guía pretende ser unha axuda á debida planificación da piscicultura mariña e unha ferramenta para que esta actividade poida ser sustentable co medio ambiente minimizando as posibles perturbacións. Para isto subminístranse criterios que poidan ser utilizados de modo obxectivo no momento de avaliar a elección do sitio dun cultivo actual ou futuro. O obxecto é conservar a uniformidade demandada na adaptación do Plan de Vixilancia Ambiental ministerial á realidade galega.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Resultados dos traballos de mellora xenética levados a cabo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán para loitar contra o nematodo da madeira (Bursaphelenchus xylophilus) do piñeiro.
Neste manual danse a coñecer dunha forma sinxela e práctica tanto as normas e recomendacións legais como os aspectos aplicativos do manexo e do comportamento dos porcinos, así como os sistemas e equipos que se van utilizar durante o seu sacrificio na explotación.
Este manual pretende concienciar da importancia da observación do comportamento como ferramenta para a detección de situacións estresantes nos animais.
Díptico informativo sobre os sacrificios domiciliarios dos porcos.
De vocación temperá, Berta Cáccamo (Vigo, 1963) creceu nun universo ligado á creación. Considerada como unha das pintoras españolas máis importantes da súa xeración, foi quen de destilar influencias afastadas no tempo, sempre disposta ao debate coa súa obra, cos problemas da arte e coas súas imaxes. Esixente e reflexiva, a súa pintura é produto dunha mirada inquieta, emocional e afectiva. Por iso é polo que o título da exposición fala de expansión, porque a súa obra é asemade un proxecto vital, e de ensaio, porque se escribe en presente continuo e se inscribe na memoria como material fundamental.
Código de boas prácticas, de libre adhesión para as coopeativas galegas, no cal se recollen os principios e regras que rexerán a súa actuación e a súa relación cos seus membros, persoal traballador e outros operadores do ámbito da súa actuación (clientes, provedores, administracións públicas, etc) na procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación.
Boletín trimestral no cal se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na Comunidade Autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.