Catálogo

Amosando 553 - 564 de 604

Este manual proporciona información básica para desenvolver o traballo de laboratorio en condicións seguras en consonancia co que marca a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais. Ademais de abordar os principais perigos e riscos, a guía inclúe normas de conduta e protocolos de actuación en caso de accidente. No documento considéranse fundamentais os riscos producidos nun laboratorio onde exista unha exposición a axentes químicos

Autor/a
Piñeiro Vázquez
Andrés
Lingua/s
Galego

Folleto informativo sobre o programa Xantar na Casa, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e os concellos de Galicia adheridos a este programa. Dirixido a colectivos de persoas maiores e persoas en situación de dependencia, ten como finalidade prestar apoio domiciliario a estes colectivos mediante prestacións alimentarias para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios. O folleto vén acompañado dun DVD cun vídeo divulgativo do programa.

0,00 €

O sector pesqueiro continúa sendo un dos primeiros axentes da economía galega. Non obstante, de todas as actividades laborais consideradas de alto risco, o traballo do mar é o que ten un índice de accidentalidade máis alto. Por iso, é importante desenvolver o traballo de maneira eficiente e ao mesmo tempo evitar, na medida do posible, os seus perigos a través das medidas preventivas deste DVD

0,00 €

Manual de calidade adoptado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) como vehículo de expresión do seu compromiso coa mellora continua da calidade na prestación dos servizos públicos para persoas maiores e dependentes. Acompaña a publicación un CD-Rom cos seguintes documentos:
Anexo1: Norma UNE_EN ISO 9001:2008
Anexo 2: Manual técnico SSCC rev6
Anexo 3: Manual técnico Centros rev 2

Neste documento recóllese un conxunto de datos relativos aos accidentes de traballo rexistrado en Galicia no ano 2011. Trátase dun avance no que se amosan datos de especial interese e que teñen carácter previo á publicación do anuario de sinistralidade laboral, en tanto non se estabilizan os datos, e se elabora a publicación tras o tratamento estatístico dos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia e tramitados e procesados polo ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais.

Esta publicación elabórase coa información obtida dos partes de accidentes de traballo e enfermidades profesionais notificados á autoridade laboral galega e actualiza e amplía os datos relativos á sinistralidade laboral en Galicia en 2011.
A información agrúpase en cinco epígrafes:
Accidentes de traballo con baixa
Accidentes de traballo mortais
Enfermidades profesionais
Variación interanual dos accidentes con baixa en xornada de traballo nos últimos dez anos
Índices de incidencia

O estudo da xuventude galega 2010 recolle a opinión das mozas e mozos galegos sobre distintos aspectos que lles afectan como son a emancipación, o lecer, o tempo libre, plans de futuro, experiencia sexual, políticas institucionais, estudos, violencia, participación política, unión europea, independencia económica.

0,00 €

Recóllense aquelas actuacións que, dende a Xunta e os diferentes organismos públicos, se están a levar a cabo ou que se van poñer en marcha no período 2010-2013 co fin de mellorar a cualificación e capacitación da mocidade en varias áreas da vida. Inicialmente descríbense as características sociodemográficas da mocidade galega, así como os principios e referencias normativas nos que se enmarcan as medidas e actuacións propostas. O plan estrtúrase en nove eixes: educación, emprego, creatividade e espírito empresarial, vivenda, saúde e deporte, información e formación, participación e asociacionismo, voluntariado e mobilidade ao redor dos cales xiran as 249 medidas previstas.

Esta guía recolle os recursos existentes a nivel autonómico e estatal para a emancipación da mocidade. Co fin de organizar os recursos distribúense en recursos para a formación, para o emprego e para o acceso á vivenda.
Os recursos para a formación recollen tanto a formación regrada que ten unha relación máis directa co emprego como aquela formación non regrada que facilita o achegamento ao mundo laboral.
Nos recursos para o emprego relaciónanse aqueles necesarios para o acceso ao emprego por conta propia e allea, ademais faise unha referencia ao emprego na Unión Europea.
Por ultimo, nos recursos para a vivenda descríbense aquelas axudas ás que poden optar os mozos para o seu acceso a unha vivenda tanto en aluguer como en propiedade.
Ademais ao longo da guía móstranse diferentes enlaces a paxinas web onde a mocidade pode encontrar máis información sobre os diferentes recursos expostos.