Catálogo

Amosando 529 - 540 de 604

Edición do número 21 (ano 2011) da revista Croa, órgano de expresión científica e difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborado polo propio centro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve ademais para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

Edición do número 22 (ano 2012) da revista Croa, órgano de expresión científica e difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborado polo propio centro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve ademais para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.

10,00 €
Autor/a
Rodríguez González
Xulio
Coautor/a
Lorenzo Rumbao
Belén
Lingua/s
Galego

Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou no outono de 2014, dentro das actividades que desenvolve esta institución no ano sinalado.

Temáticas
25,00 €
Autor/a
Mejuto
Vítor
Coautor/a
Barro
David
Lingua/s
Galego
Castelán
Inglés

Catálogo relativo á exposición que tivo lugar, en 2012, na Casa da Parra arredor da obra de Vítor Mejuto. Marcada pola inclinación cara a propostas xeométricas que se basean no exercicio dunha caligrafía persoal que ten como referencia o método, o cálculo e a intuición.

Temáticas
0,00 €

Obra referida á historia das mulleres en Galicia en dúas etapas históricas, a prehistoria e a historia antiga, segundo o seguinte plan de obra, 1. Prehistoria, a arqueoloxía das mulleres, as "deusas Madre" e o matriarcado, 2. Historia antiga, as fontes e o territorio, economía, matrimonio e familia. O estatuto das mulleres, a fortuna do matriarcado.

0,00 €

Estudo cualitativo e cuantitativo con perspectiva de xénero sobre a situación das mulleres no sistema de ciencia-tecnoloxía-empresa de Galicia, no que se achega información sobre as barreiras aínda existentes no acceso e na promoción das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía galega, tanto no sector público coma no privado ao tempo que se busca a identificación sistemática das causas da desigualdade evidenciada numericamente, na procura de posibles solucións.