Catálogo

Amosando 613 - 624 de 650

Operación estatística extraída da información facilitada polos propios interesados sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa así mesmo, sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano en curso.
A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca a excepción do primeiro capítulo no que se analizan temas de carácter máis transversal como estrutura orgánica, competencias, publicacións e estatísticas, etc.

0,00 €

Manual dirixido a coidadores do contorno familiar que abrangue o desenvolvemento de todas as áreas de intervención pertinentes e incide na tripla vertente: coñecementos, adestramento en habilidades e desenvolvemento de actitudes axeitadas. Os contidos son: a promoción da autonomía persoal e a atención as situacións de dependencia na súa dobre dimensión individual e social, a dimensión sociosanitaria da enfermidade mental, técnicas para mellorar a comunicación coa persoa con enfermidade mental, manexo e afrontamento de condutas difíciles, o coidado do coidador e aspectos éticos a ter en conta (a preservación da autonomía persoal).

Documento que se corresponde coas actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación establecida no Plan galego das persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015. Estrutúrase en 4 capítulos aos que acompañan anexos que completan a información analizada.

Facilitar información xurídica sobre os procesos de incapacidade xurídica, tutelas, fundacións tutelares, ingresos non voluntarios en centros. Vai dirixida a familiares/titores, profesionais dos servizos sociais, directores e outros profesionais de centro para persoas con discapacidade de Galicia.