Folleto con información sobre a sensibilidade química múltiple no ámbito laboral (definición, causas, síntomas, papel da medicina do traballo, medidas preventivas e xestión).
Folleto con información sobre a sensibilidade química múltiple no ámbito laboral (definición, causas, síntomas, papel da medicina do traballo, medidas preventivas e xestión).
Cartel coas medidas preventivas dirixidas a evitar a exposición a substancias desencadeantes de sensibilidade química múltiple no ámbito laboral.
Monográfico cara a unha estratexia galega para a lonxevidade. Os cinco capítulos deste monográfico coinciden nun diagnóstico común: Galicia non pode limitarse a xestionar o avellentamento, debe liderar a construción dunha sociedade lonxeva, cohesionada, equitativa e innovadora.
Análise de baixas agardadas e facultativos especialistas que finalizan a súa formación no Servizo Galego de Saúde durante o período 2026-2038.
Dentro da acción conxunta EUnetCCC Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, está a iniciar o proceso de acreditación como Comprehensive Cancer Centre (CCC) ou Centro Integral de Coidado do Cancro. Dentro deste proceso de organización dos estándares de certificación deseñouse este documento que recolle todos os indicadores da dimensión de Coidados.
Este documento é a instrución para levar a cabo a inmunización co anticorpo monoclonal frente ao virus respiratorio sincitial.
Este documento é a instrución para levar a cabo a campaña de vacinación fronte á gripe e á covid-19 para o ano 2026.
Informe que compila datos estatísticos sociolaborais referidos ao ano 2024 das áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, regulación de emprego, apertura de centros de traballo, empresas de traballo temporal, desprazamento transnacional de persoas traballadoras e infraccións e sancións na orde social.
Informe no que se presenta o estado actual do desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) nas empresas galegas, que permite coñecer a relación entre o compromiso das empresas coa RSE e o desempeño económico que pode derivarse das prácticas responsables ou outros efectos na vida das empresas; e coñecer cal é o estado actual do compromiso das empresas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Inclusión Social durante 2025 e relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).
A publicación ten como finalidade estandarizar o acceso das persoas con sospeita dunha enfermidade rara aos estudos xenéticos en todas as áreas do Sergas, establecendo un circuíto común e homoxéneo. Garantirase así o proceso completo de asesoramento xenético recollido na lexislación vixente, que inclúe a consulta pretest, a realización da análise xenética e a consulta postest. Ademais, defínese o circuíto de acceso para os familiares daqueles pacientes nos que se confirme o diagnóstico dunha enfermidade rara.