Manual de formación para coidados no contorno familiar de persoas con enfermidades crónicas

0,00 €
Sinopse

A demanda de coidados para persoas con condicións de saúde que supoñen situacións de especial vulnerabilidade foise incrementando nos últimos anos. A previsión é que esta tendencia siga medrando durante as próximas décadas, por mor de factores como a alta porcentaxe de envellecemento, o incremento da esperanza de vida e as doenzas de natureza crónico-dexenerativa.Está dirixido a coidadores do contorno familiar de persoas en situación de dependencia con enfermidades crónicas e contempla o desenvolvemento de todas as áreas de intervención incidindo especialmente nunha tripla vertente: coñecementos, adestramentos en habilidades e desenvolvemento de actitudes adecuadas. Destacan os seguintes contidos: enfermidades cardiovasculares, accidentes cerebrovasculares, atención á enfermidade pulmonar obstrutiva crónica e como actuar ante situacións de emerxencia.

Ficha técnica

Editorial
Consellería de Traballo e Benestar
Santiago de Compostela
Ano de edición
2012
Edición
Lingua/s
Galego
Volumes
1
Páxinas
182