Catálogo

Amosando 601 - 612 de 658

Con esta guía, a Dirección Xeral de Familia e Inclusión pretende axudar as persoas que se dirixen á adopción internacional a coñecer e comprender cal é o papel destas entidades no proceso de intermediación: que condicións deben cumprir e cales son as súas funcións, obrigas e dereitos co fin de ofrecer información a todas as persoas interesadas en emprender un proceso de adopción.

Autor/a
Piñeiro Vázquez
Andrés
Lingua/s
Galego

Folleto informativo sobre o programa Xantar na Casa, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e os concellos de Galicia adheridos a este programa. Dirixido a colectivos de persoas maiores e persoas en situación de dependencia, ten como finalidade prestar apoio domiciliario a estes colectivos mediante prestacións alimentarias para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios. O folleto vén acompañado dun DVD cun vídeo divulgativo do programa.

Informe de seguimiento 2012 no que se dá conta das actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación establecida no Plan galego das persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015. Estrutúrase en catro capítulos aos que acompaña información complementaria que completa a información analizada.

17 fichas para a prevención de riscos laborais en traballo con pedra (canteiras): uso de explosivos, caída de obxectos, riscos nos lugares de traballo, risco eléctrico, exposición a ruído de a pó, primeiros auxilios, sinalización, etc.

Neste documento recóllense os datos relativos ás actuacións executadas durante o exercicio 2012 no marco do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013, a partir dos indicadores de seguimento definidos para cada actuación deste plan. Respéctase a estrutura dos anos anteriores en canto a descrición de traballos realizados, resumo estatístico das actuacións por áreas, alcance da actividade do plan e resultados acadados e grao de actividade/execución por área de intervención. Por último acompañan a publicación anexos que complementan o contido con datos de gran interese.

16 fichas par a prevención de riscos laborais no uso de fertilizantes: definición, etiqueta, fichas de datos de seguridade, o traballo con fertilizante, almacenamento, epi e lexislación.

Publicación encadrada no proxecto europeo de Envellecemento activo, cofinanciado con fondos FEDER, no marco da segunda convocatoria do POCTEP 2007 - 2013 na que se analizan as necesidades, no ámbito cognitivo e físico, das persoas maiores de 65 anos que viven soas tanto no fogar como fóra del, con especial incidencia en Galicia pero tamén en Portugal.

Guía encadrada no proxecto europeo de Envellecemento activo, cofinanciado con fondos FEDER, no marco da segunda convocatoria do POCTEP 2007 - 2013 na que se identifican avances de tipo científico e tecnolóxico no campo da atención sociosanitaria. A información que recolle esta guía ten a súa base no traballo desenvolvido polo Comité transfronteirizo de expertos en prevención e detección precoz da dependencia.
Resulta, xa que logo, un documento de consulta que facilita a comprensión e o manexo dos novos avances científico-tecnolóxicos, tanto por parte dos/das profesionais do ámbito sociosanitario como por parte das persoas coidadoras e das persoas usuarias destas novas tecnoloxías (de 65 e máis anos)

Publicación coas actuacións máis salientables da consellería ao longo do ano 2012. Estrutúrase en 6 capítulos no que se desenvolven as distintas competencias que afectan a consellería no eido laboral e do benestar: familia e menores, dependencia, traballo e economía social, emprego e formación, xuventude e voluntariado, etc.

Publicación anual con información estatística sobre os menores en situación de desprotección e sobre adopcións.
Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial.
Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa doble vertiente, nacional e internacional.
Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.