Catálogo

Amosando 589 - 600 de 650
Lingua/s
Galego

Informe que se elaboru como resposta ante a necesidade, na nosa comunidade, de tomar decisións e adoptar medidas de contención sobre o gasto farmacéutico e co fin de orientar con equidade a xestión dos recursos sanitarios, Polo miúdo sinálanse as cuestións éticas consideradas que permitiron establecer conclusións e elaborar recomendacións.

Memoria de actividade da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galica-061 na que se recollen os seguintes apartados, limiar, identificación do centro, contorno, estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxíab e sistemas da información e servizo de atención ao usuario

Actualización e revisión dos aspectos fundamentareis lacionados coa conservación de vacinas e o seu manexo, derivados dos cambios realizados nos últimos anos no sistema de distribución de vacinas na nosa comunidade. Vai dirixida a todos os profesionais que manexan este tipo de produtos inmunobiolóxicos e abrangue temas como a recepción e almacenamiento das vacinas, a xestión das interrupcións da cadea de frío, o rexistro das temperaturas das neveiras dos puntos de vacinación ou o manexo dos residuos vacinais

Con esta guía, a Dirección Xeral de Familia e Inclusión pretende axudar as persoas que se dirixen á adopción internacional a coñecer e comprender cal é o papel destas entidades no proceso de intermediación: que condicións deben cumprir e cales son as súas funcións, obrigas e dereitos co fin de ofrecer información a todas as persoas interesadas en emprender un proceso de adopción.

Autor/a
Piñeiro Vázquez
Andrés
Lingua/s
Galego

Folleto informativo sobre o programa Xantar na Casa, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar e os concellos de Galicia adheridos a este programa. Dirixido a colectivos de persoas maiores e persoas en situación de dependencia, ten como finalidade prestar apoio domiciliario a estes colectivos mediante prestacións alimentarias para mellorar a calidade de vida e a autonomía dos seus usuarios. O folleto vén acompañado dun DVD cun vídeo divulgativo do programa.

Informe de seguimiento 2012 no que se dá conta das actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación establecida no Plan galego das persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015. Estrutúrase en catro capítulos aos que acompaña información complementaria que completa a información analizada.

17 fichas para a prevención de riscos laborais en traballo con pedra (canteiras): uso de explosivos, caída de obxectos, riscos nos lugares de traballo, risco eléctrico, exposición a ruído de a pó, primeiros auxilios, sinalización, etc.

Neste documento recóllense os datos relativos ás actuacións executadas durante o exercicio 2012 no marco do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013, a partir dos indicadores de seguimento definidos para cada actuación deste plan. Respéctase a estrutura dos anos anteriores en canto a descrición de traballos realizados, resumo estatístico das actuacións por áreas, alcance da actividade do plan e resultados acadados e grao de actividade/execución por área de intervención. Por último acompañan a publicación anexos que complementan o contido con datos de gran interese.

16 fichas par a prevención de riscos laborais no uso de fertilizantes: definición, etiqueta, fichas de datos de seguridade, o traballo con fertilizante, almacenamento, epi e lexislación.