Catálogo

Amosando 445 - 456 de 658

Boletín en liña no que se presenta o novo medicamento NALMEFENO, indicado para a redución do consumo de alcol en pacientes adultos con dependencia e que presentan un nivel de consumo de risco (NCR) alto, sen síntomas de abstinencia físicos e que non requiren unha desintoxicación inmediata. Usarase como apoio á psicoterapia en pacientes con dependencia de alcol para reducir de maneira substancial o nivel de inxesta,

A seguridade clínica constitúe una dimensión clave de calidade asistencial e un dereito dos pacientes recoñecido por organismos como a OMS ou a Organización Panamericana da Saúde. A EOXI de Santiago presenta a Guía de Prácticas Seguras na atención sanitaria que engloba dez liñas de actuación sanitaria coas principais recomendacións que os profesionais deben seguir para proporcionar unha asistencia segura e de calidade. Na guía abórdanse aspectos comúns relacionados coa asistencia sanitaria e enfocados fundamentalmente á prevención de erros como a identificación de pacientes, a hixiene de mans, o uso seguro de medicamentos, a seguridade de probas diagnósticas etc., co obxectivo de promover e desenvolver o coñecemento e a cultura de seguridade entre os profesionais sanitarios.

Autor/a
Grupo de traballo
Lingua/s
Galego

Material textual en liña que se insire dentro da Estratexia Galega contra o Cancro, pola que se están a publicar os procesos e os itinerarios asistenciais para os cancros máis frecuentes en Galicia, entre eles o cancro de próstata. Nos itinerarios asistenciais defínense as alternativas diagnósticas terapéuticas máis axeitadas para os pacientes.

Autor/a
Grupo de traballo
Lingua/s
Galego

Material textual en liña que se insire dentro da Estratexia Galega contra o Cancro, pola que se están a publicar os procesos e os itinerarios asistenciais para os cancros máis frecuentes en Galicia, entre eles o cancro de próstata. Os procesos asistenciais integrados definen, baixo criterios de calidade e eficiencia, as actuacións dos profesionais no diagnóstico e tratamento dos pacientes.

Lingua/s
Galego

A lactación materna é a forma ideal e natural de achegar aos nenos e nenas os nutrientes que necesitan para un crecemento e desenvolvemento saudables. Malia recoñecerse a súa repercusión positiva, o índice de lactación materna na área sanitaria de Santiago de Compostela é mellorable mediante unha política de promoción da lactación materna que adopte os criterios globais mínimos da Iniciativa da Humanización da Asistencia ao Nacemento e a Lactación (IHAN da OMS/UNICEF). Esta guía pretende difundir a normativa escrita de lactación a todo o persoal, co fin de unificar a actuación, garantir a competencia de profesionais, facilitar a continuidade na implantación de boa práctica e, en definitiva, ofrecer unha atención humanizada e de calidade.

Coordinador/a
Álvarez Rodríguez
Miguel Ángel
Lingua/s
Galego

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria. Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2014, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como información sobre a estrutura organizativa, recursos humanos, actividade científica e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

Publicación electrónica verbo do cambio demográfico, cada vez máis intenso e que afecta un número crecente de rexións europeas, polo que empeza a se considerarar como un risco. As consecuencias precisan afrontarse como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.

Entidade
Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
Lingua/s
Galego

Ferramenta de traballo dirixida ás traballadoras e aos traballadores sociais de Galicia que ten como finalidade facilitar a utilización do informe social para a área de inclusión (ISI), unificar e homoxeneizar criterios e simplificar trámites e xestións administrativas.

Publicación que recolle a actividade da oficina dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos coma de tecidos. Complétase cos datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para a extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.
Amais das actividades desenvolvidas pola oficina, figuran tamén os obxectivos para o vindeiro ano.

Publicación, dirixida a persoas tecnicamente cualificadas e ONG que traballan no campo do VIH-sida, con contidos verbo das novas infeccións causadas polo virus da inmunodeficiencia humana, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando a problemática se considera desde a perspectiva da infección e non da enfermidade; deste xeito coñecemos as características actuais da epidemia, tanto no que se refire ás persoas afectadas coma ás prácticas de risco e distribución temporoespacial.