Catálogo

Amosando 949 - 960 de 1367

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación nomartiva de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Publicación periódica mensual na que se recollen novas verbo das actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación de carácter autonómico relacionada con estes ámbitos [DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas, estatal (BOE) e comunitario (DOUE)].

0,00 €
Autor/a
fernández Pérez
Ana
Coautor/a
Naya Castelao
Minerva
Coautor/a
Campos Pérez
Ximena
Ilustrador/a
Álvarez Gallego
Encarna
Lingua/s
Galego

Redactado en primeira persoa, a protagonista deste relato narra o día a día nun centro residencial de persoas maiores e dá recomendacións que axudan a mellorar a relación entre usuarios e profesionais. Supón, xa que logo,unha reflexión para os profesionais da xerontoloxía.

A Memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2014 recolle a actividade da propia Oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos coma de tecidos. Tamén se recollen os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para a extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.
En canto á Oficina, descríbense as actividades que desenvolveu, así como os obxectivos para o vindeiro ano.

Guía para fomentar as boas prácticas forestais, na que se propón un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo como referencia para os profesionais do sector forestal no desenvolvemento da súa actividade, para acadaren a viabilidade económica, a sostibilidade ambiental e a aceptación social dos aproveitamentos dos montes.

O informe describe o Programa galego para a detección precoz de enfermidades endócrinas e metabólicas en período neonatal: obxectivos, características do programa, estrutura organizativa e sistemas de información e indicadores, así como os seus resultados no período 1995-2014.

15,00 €
Autor/a
Mouriño Cuba
José
Lingua/s
Galego

Publicación na que se explica o proxecto de recuperación do queixo de San Simón: como se pasou dunha elaboración manual á aplicación das novas tecnoloxías, como dunha actividade inviable economicamente pasou a ser rendible etc. En definitiva, como se conseguiu que esta ”xoia gastronómica”, que estivo a piques de desaparecer, se recuperase en moi pouco tempo.