Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na comunidade autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na comunidade autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na comunidade autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Publicación que fornece un coñecemento pormenorizado do mercado laboral na comunidade autónoma galega, e achega datos de poboación, paro rexistrado e contratación.
Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.
Boletín trimestral no que se recollen novidades e artigos de opinión en materia de responsabilidade social empresarial de Galicia.
Publicación baseada na actividade do servizo de información sobre teratóxenos do Servizo Galego de Saúde, na que se recollen breves fichas con información sobre o risco da utilización dos diferentes medicamentos na muller embarazada.
Publicación que resume a actividade global e describe detalladamente a actividade realizada polos distintos servizos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2015, tanto no hospital coma nos centros de saúde.
Guía concibida como unha ferramenta de utilización doada para aqueles agricultores, gandeiros ou xestores que desexen pontenciar a riqueza de plantas, mamíferos, aves, etc. da súa explotación agraria.
A Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020 é o instrumento de planificación que o Goberno da Xunta de Galicia pon ao servizo da comunidade para seguir avanzando na igualdade de oportunidades e na aceptación das diferenzas para un grupo de poboación heteroxéneo con necesidades e demandas diversas. Susténtase nunha metodoloxía de elaboración participativa, na que interviñeron tanto o movemento asociativo do ámbito da discapacidade coma os departamentos da Administración autonómica e colexios profesionais. Ten por obxecto impulsar accións que contribúan a que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente e teñan poder de decisión sobre a súa propia vida. Así mesmo, refórzanse aspectos que contribúen a unha verdadeira participación activa na comunidade, sen esquecer a importancia da accesibilidade para facelo factible. Estrutúrase en:
• 6 liñas estratéxicas. Correspóndense coas grandes áreas de intervención que se pretenden abordar.
• Obxectivo estratéxico. Asociado a cada liña estratéxica, representa a meta ou obxectivo xeral pretendido.
• Obxectivos operativos. Representan as metas concretas que contribúen á consecución do obxectivo estratéxico e que, polo tanto, deben posibilitar a súa realización a través dun conxunto integrado de actuacións.
• Actuacións. Son propostas concretas para a acción, as medidas a través das que se pretende materializar cada un dos obxectivos operativos da Estratexia.
Resumo das actividades realizadas polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no período 2012-2015.
A adaptación da Estratexia galega sobre discapacidade está dirixida a persoas con discapacidade intelectual e ten como obxectivo principal facer máis comprensible o texto a un determinado grupo de persoas usuarias. Debido a iso, a linguaxe, a tipografía, os cadros aclaratorios, a maquetación, etc. validáronos persoas usuarias dunha asociación de discapacitados de Santiago de Compostela, nun intento de facilitar e mellorar a vida destas persoas e a das súas familias.
Catálogo da exposición do mesmo título, baseada nos materiais didácticos para o ensino da xeografía nos séculos XIX e XX. Permite comprender a súa evolución e observar as formas de transmisión desta área do coñecemento.